As choivas volven o xoves tras unha tregua de 48 horas pero seguen varios ríos baixo vixilancia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2024 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

As choivas volven a Galicia este xoves tras unha tregua de 48 horas, pero a Xunta mantén polo momento activo o Plan especial ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal) en varios ríos.

Concretamente, segue activo o Inungal no río Miño, ao seu paso por Pontevillar (Lugo), Cela (Lugo), Lugo, Ourense e Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Tamén está baixo vixilancia o río Grande de Xubia, en San Sadurniño, e o río Arnoia, en Baños de Molgas. As choivas regresarán o xoves día 7 a Galicia despois de dous días de tregua. A cota de neve quedará nos 1.000 metros ao final da xornada.

Club Náutico de Portomarin, cos baixos alagados polas augas do Río Miño
Club Náutico de Portomarin, cos baixos alagados polas augas do Río Miño | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta