Os mexillóns, ou son galegos ou non son

A Audiencia da Coruña prohibe que as empresas alleas á Denominación de Orixe vendan latas con referencias a Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2024 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial da Coruña declara que as referencias a Galicia en latas de mexillóns alleas á Denominación de Orixe Protexida (DOP) infrinxen o seu dereito de exclusiva.

Así, estimou parcialmente a demanda interposta polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Mexillón de Galicia-Mexillón de Galicia contra unha empresa, de forma que revoga a desestimación en primeira instancia dun xulgado do mercantil coruñés.

A Sala declara na sentenza que o emprego da indicación "Das Rías Galegas" nos envases de conservas de mexillón, así como as referencias a Galicia na oferta e comercialización de mexillóns por parte da demandada, infrinxe por evocación o dereito de exclusiva que a titularidade da denominación de orixe confire e incorre na conduta prohibida prevista --no apartado b) do parágrafo 1 do artigo 13 do Regulamento (UE) 1151/2012--.

Por iso, condenou á entidade demandada a cesar no uso infractor descrito e a retirar do tráfico económico os produtos, embalaxes, material publicitario ou calquera outro documento comercial da súa propiedade ou baixo o seu control no que se materialicei a infracción.

O tribunal explica na resolución que o apartado relativo aos mexillóns en conserva que elabora e comercializa a demandada encabézase na súa páxina web co texto: "Só o mexillón galego de Arousa (Mytilus galloprovincialis) que crece nos viveiros propiedade destes conserveiros é o que se utiliza para elaborar as delicatessen da casa". A Audiencia asegura que "se trata dunha evocación da calidade e o esforzo que a denominación de orixe Mexillón de Galicia-Mexillón de Galicia ampara en beneficio dos produtores comprometidos con ela e dos consumidores que confían no valor informativo que a denominación protexida encerra". Por iso, afirma que a empresa demandada incorre na prohibición de evocación do apartado b) do artigo 13.1 do Regulamento (UE) 1151/2012.

A Sala concreta que a conduta infractora é a "consistente en comercializar como mexillóns de Galicia o non amparados pola DOP, aínda cando procedan dun produtor que, como é o caso do demandado, está radicado na mesma zona xeográfica que acouta o Regulamento da DOP". A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Mexillóns galegos
Mexillóns galegos | Fonte: juantiagues en Flickr - CC BY-SA 2.0

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta