Descontos de ata o 50 % en campamentos, albergues e residencias xuvenís para as familias de acollida galegas

Do mesmo xeito que xa os teñen as familias numerosas e as monoparentais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2024 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A Xunta aplicará ás familias de acollida os mesmos descontos que ás numerosas e ás monoparentais nos programas e servizos que teñen lugar nos seus campamentos, albergues, instalacións e residencias xuvenís. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a modificación da orde que regula estes prezos. A orde establece que os membros das familias acolledoras poderán ter un desconto de ata un 50 % sobre os prezos das actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nos seus programas.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visita un campamento da Xunta en Lalín
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visita un campamento da Xunta en Lalín | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta