(Vídeo) A Télévision Française 1 descobre unha "Bretaña" en España

Unha reportaxe da televisión pública francesa percorre bateas, a vila de Combarro, o castro de Baroña e fala coas redeiras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2024 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Lonxe da máxica Costa Brava, da desértica Andalucía, a terra para e o mar lévanos á mística Galicia. No mesmo oeste de Europa hai que deixarse ​​mecer no oco do mar e contemplar unha escarpada paisaxe feita de inmensos acantilados, sobre os que se derrumba o océano Atlántico. Así describre a TF1 á Galicia.

Castro de Baroña, en Porto do Son
Castro de Baroña, en Porto do Son | Fonte: Arquivo

"Anaco de terra aínda conservado, Galicia, encaixada entre Asturias, Portugal e o océano Atlántico, revélase como unha parte pouco coñecida da cultura celta lonxe da Bretaña. Un enclave situado a 800 quilómetros do Finisterre (bretón), aferrado ao extremo noroeste de España", indica. Podes vela aquí.

Tamén a canle France 3 conta a historia de Aceredo, o pobo galego que tivo que ser abandonado pola forza e que quedou baixo as augas da presa de Lindoso. Aquí a reportaxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta