Resolución definitiva dos proxectos de innovación educativa en 'Aprendizaxe-Servizo' (ApS)

A metodoloxía educativa ApS, explican, integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. "Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna, o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2024 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

Un total de 34 proxectos de innovación educativa que empregan a metodoloxía 'Aprendizaxe-Servizo'(ApS) foron recoñecidos como tal pola Universidade de Santiago na súa oitava convocatoria. A convocatoria, explican nun comunicado, contempla tres modalidades, diferenciando entre proxectos concorrentes que se presenten por primeira vez, propostas de consolidación (que xa foron avaliadas positivamente e que agora se amplíen con algún elemento innovador) e proxectos consolidados.

A USC dá así a súa visto e prace por primeira vez a 11 proxectos de temáticas tan diversas como feminismos, manipulación informativa, acreditación de competencias para migrantes, perda sensorial dual en poboación preescolar migrante, inclusión de mulleres en situación de vulnerabilidade ou a saúde cognitiva partindo da historia de vida.

Na categoría de proxectos en validación aprobáronse definitivamente 16 propostas que teñen que ver con temáticas de muller, o rural, tarefas escolares, optometría en maiores, gerontología, redes sociais, cribados visuais ou medicamento oral. Por último, resolvéronse positivamente sete proxectos consolidados de ApS sobre xestión agroforestal, benestar afectivo-emocional, loita contra o lume, aprendizaxe experiencial, desenvolvemento sustentable no local, pedagoxía intercultural e atención optométrica a nenos en risco de exclusión social.

A metodoloxía educativa ApS, explican, integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. "Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna, o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social", detallan.

Universitarios
Universitarios | Fonte: Business Talents - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta