Hospitalizadas tres persoas por unha colisión entre dous vehículos no Porriño

Por E.P. | PONTEVEDRA | 02/04/2024 | Actualizada ás 09:52

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas a última hora deste luns nun accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés do Porriño, onde chocaron dous vehículos. Segundo a información proporcionada polo CIAE 112-Galicia, o choque tivo lugar sobre as 20,00 horas deste luns na rúa San Simón, na parroquia de San Salvador de Budiño.

Ata o lugar do suceso desprazouse un operativo composto por axentes da Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil do Porriño e persoal sanitario do 061-Galicia. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias confirmaron que tanto os dous condutores como un dos acompañantes tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario en ambulancia.

ACCIDENTE EN DODRO

Por outra banda, o municipio coruñés de Dodro tamén rexistrou un accidente de tráfico con persoas atrapadas, aínda que sen feridos. Tivo lugar no quilómetro 8 da AC-305, onde un vehículo resultou envorcado.

Foi un do tres ocupantes do turismo o que chamou a emerxencias para indicar a súa posición e explicar que, aínda que non estaban feridos, non podían saír do vehículo.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta