Sumar Galicia aprecia en Rueda o discurso "dun delegado provincial de Xénova"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2024 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Sumar Galicia considera que o discurso de investidura do candidato do PP, Alfonso Rueda, evidencia que actúa como un "delegado provincial de Xénova" que exerce como "servidor da estratexia" do líder do seu partido, Alberto Núñez Feijóo.

Nunha nota de prensa emitida tras a xornada inaugural deste martes, o portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, censurou que Rueda criticase a "crispación" na política estatal "cando é el e o seu partido os que promoven a crispación na política, a política de trincheiras e o non cumprimento da lei".

Para o partido, que conta con dous deputados por Galicia no Congreso pero quedou sen representación no Parlamento galego ao lograr menos do 2% dos votos nas galegas do 18 de febreiro, Rueda "falou da Galicia que funciona" cando a comunidade "perde poboación, deteriora os servizos públicos e non asumen novas competencias".

O portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López,
O portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta