O prezo do leite baixa aos 49 céntimos en febreiro aumentando a diferenza coa media española

Galicia segue á cola de prezos de comunidades, única da España peninsular que non alcanza os 50 céntimos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2024 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O prezo do leite que se paga a produtores galegos baixou a 49 céntimos por litro en febreiro, medio céntimo menos que os 49,5 de xaneiro, segundo os datos do Ministerio de Agricultura.

Deste xeito a brecha de Galicia coa media española, que é de 51,5 céntimos, crece a 2,5 céntimos (era de 2,2 céntimos o mes anterior).

Así, Galicia segue á cola de prezos de comunidades, única da España peninsular que non alcanza os 50 céntimos.

Mentres, o descenso de explotacións lácteas que realizan entregas continúa en retroceso na comunidade galega: son 5.586 en febreiro, 33 menos que en xaneiro. A produción de febreiro foi de 245.426 toneladas, unhas 10.000 menos que en xaneiro.

Unha vaca dunha gandaría de lácteo en Sabadelle/ Carlos Castro / Europa Press
Unha vaca dunha gandaría de lácteo en Sabadelle/ Carlos Castro / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta