Por Europa Press / Redacción | LUGO | 12/04/2024 | Actualizada ás 14:06
Cos respeitivos planos de xestión aprobados, ALTRI non podería asentarse nese territorio. O proxecto industrial de ALTRI (agora Greenfiber) sometido ao procedemento de Autorización Ambiental Integrada sitúa as súas instalacións nun territorio con presenza comprobada de numerosas especies ameazadas, mesmo algunhas endémicas e en perigo crítico de extinción.
Unha sinxela busca na web colaborativa biodiversidade.eu, que mesmo consultou ALTRI para o seu proxecto ocultando algunhas citas, amosa a presenza no territorio afectado polo proxecto de 5 especies en perigo de extinción, tres delas plantas endémicas estritas: son a santolina de Melide (Santolina melidensis), a herba de namorar de Merino (Armeria merinoi) e a magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum). A estas hai que engadir tamén tres especies de invertebrados, o mexillón de río (Margaritifera margaritifera), a libeliña Macromia splendens ambas as dúas en perigo de extinción; e outra libeliña, a Oxygastra curtisii, especie vulnerábel.
Tanto as instalacións do polígono químico da fatoría como outras infraestruturas críticas do proxecto (tubaxes de captación e vertedura, conducións eléctricas etc.) atinxen a territorios con presenza confirmada destas especies protexidas. "Se a Xunta tivera aprobado os seus correspondentes planos de xestión, coa correspondente zonificación e medidas de protección e manexo, practicamente todo o territorio afectado por ALTRI, incluído o treito do Ulla augas abaixo da fatoría até o encoro de Portodemouros, sería incompatíbel co proxecto", indica Adega.
A Xunta sabía da excepcional riqueza deste patrimonio ambiental e decidíu non blindar a súa protección. Mais non só se trata de desleixo ou incompetencia cómplice: tamén gastou 281.635,01€ en licitar, adxudicar e pagar diversas asistencias técnicas para redactar os planos de xestión destas 5 especies en perigo de extinción presentes (+ 1 probábel, o fento acuático Isoetes fluitans) na zona afectada por ALTRI (+2 vulnerábeis, incluindo á auganeira Galemys pyrenaicus, tamén de presenza probábel no Ulla e afluentes), ver táboa.
CATÁLOGO DE ESPECIES PROTEXIDAS
O Catálogo galego de especies ameazadas foi aprobado en 2007 polo goberno bipartito. Nel intégranse, segundo a Xunta "aquelas especies de flora e fauna que presentan algún tipo de ameaza para a súa supervivencia, e para ás que as medidas de protección van máis alá da súa mera protección en termos xerais e a conservación xenérica de espazos. Deste xeito as estas medidas concrétanse na elaboración de Plans de xestión [de recuperación, para as especies en perigo, e de conservación, para as vulnerábeis] adaptados ás necesidades biolóxicas particulares de cada unha das especies catalogadas."
Estas ferramentas, segundo a web da Xunta "contemplan as medidas que se deben adoptar para a protección e o manexo da especie e dos seus hábitats e un plan de seguimento para avaliar a súa efectividade. Para elo, os plans de xestión deben de partir do grado de coñecemento da situación da especie e desenvolver, ou no seu defecto propoñer, os traballos necesarios para xerar a información necesaria, que sustentarán as medidas propostas".
Porén, e malia a que hogano este Catálogo está integrado por unhas 200 especies, só 4 delas (píllara das dunas, escribenta das canaveiras, sapoconcho común, e oso pardo), teñen un Plan de xestión aprobado e en vigor. "Como consecuencia deste desleixo, a maioría das especies máis sensíbeis e raras do noso patrimonio natural e os seus hábitats
DELITO
"O comportamento da Xunta no que atinxe á xestión das especies ameazadas, e nomeadamente para algunhas das afectadas polo proxecto de ALTRI podería mesmo ser constitutivo de delito: obsérvase que para os endemismos serpentiníticos licitáronse dúas asistencias técnicas en 2007 e 2019, gastando un total de 47.000€", sinala ADEGA nun comunicado. O mesmo para o mexillón de río, nos anos 2007, 2019 e 2023, cun custo de 127.170,61€. Malia á reiteración das adxudicacións para a mesma finalidade, en todos eses anos non foi aprobado ningún plano de recuperación para estas especies en perigo, obxectivo último do gasto.
"A cousa pode ser aínda máis grave, porque ao desbaldimento de cartos públicos podería engadirse tamén o delito ambiental por inacción dolosa: coñecendo o estado de conservación destas especies e as súas necesidades de manexo e protección, non aprobar os correspondentes planos de xestión puido derivar nun deterioro das súas poboacións, obxectivable mediante os datos e conclusións das propias asistencias técnicas", denuncia.loxistas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.