Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2024 | Actualizada ás 19:09
O municipio ourensán de Leiro alcanzou este venres 34,5 graos, un máximo histórico para o mes de abril. Segundo Meteogalicia, Ourense cidade chegou aos 33,9 graos, seguido de Arnoia (33,2 graos) e o municipio lucense de Monforte de Lemos (32,8 graos). Pola contra, a temperatura máis baixa (4,1 graos) rexistrouse no municipio ourensán de Calvos de Randín ás 6,10 horas deste venres.
Xa o xoves, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) explicou que a estación de Vigo superou por primeira vez os 30 graos nun mes de abril.
XORNADA DO SÁBADO
Para este sábado espérase unha xornada similar, xa que Galicia seguirá baixo a influencia das altas presións o que deixará néboas pola mañá en zonas do interior que darán paso a ceos despexados ou con nubes altas que non impedirán o paso do sol.
As temperaturas, en xeral, non terán cambios salvo no litoral, que descenderán. O vento será do norte-noroeste frouxo con intervalos moderados nas Rías Baixas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.