A CIG denuncia a Inspección de Traballo a Ribera Salud por "vulnerar o dereito a folga" no hospital ferrolán Juan Cardona

Segundo denuncia a central sindical nunha nota de prensa, durante unha das xornadas de folga convocadas no sector no mes de marzo, "a dirección deste centro privado decidiu substituír a unha traballadora en folga con compañeiras que habitualmente desempeñan outras actividades".

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 13/04/2024 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O sindicato CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra o grupo Ribera Salud, propietario do Hospital Juan Cardona de Ferrol, por "vulneración do dereito fundamental á folga". Segundo denuncia a central sindical nunha nota de prensa, durante unha das xornadas de folga convocadas no sector no mes de marzo, "a dirección deste centro privado decidiu substituír a unha traballadora en folga con compañeiras que habitualmente desempeñan outras actividades".

O responsable de Negociación Colectiva da CIG-Saúde, Miguel Tizón, asegurou que se trata de "unha clara práctica de esquirolaxe, posto que esa actividade non estaba marcada como servizos mínimos". "A traballadora que realiza ese servizo exerceu o seu dereito á folga e a empresa, para evitar que se paralizase a actividade, mandou a outras compañeiras a desenvolver unhas tarefas que non lle son propias. Pero substituír persoal en folga é ilegal", lembrou Tizón.

O sindicato sostén que a dirección do hospital "xa tentara unha manobra similar nas xornadas de folga previas, pero non conseguiu o seu obxectivo" pola oposición do comité de folga. Ante a paralización das negociacións do convenio provincial da sanidade privada da Coruña, as centrais sindicais teñen convocadas tres novas xornadas de folga para o luns día 15, o martes 16 e o mércores 17 de abril, que se suman ao seis xornadas previas e ás ducias de mobilizacións realizadas polo persoal desde o pasado mes de setembro en demanda de "salarios e condicións xustas".

Exterior do hospital Juan Cardona de Ferrol
Exterior do hospital Juan Cardona de Ferrol | Fonte: RIBERA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta