Case un milleiro de brigadistas fixos descontinuos incorpóranse á loita contra incendios durante sete meses

Preto dun milleiro de brigadistas fixos descontinuos incorpóranse desde este martes aos seus postos por un período de sete meses. Ata agora, desempeñaban o seu traballo durante seis meses, pero este ano ampliará un mes máis o seu servizo. Irán incrementando os seus contratos ata o nove meses en 2026.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Preto dun milleiro de brigadistas fixos descontinuos incorpóranse desde este martes aos seus postos por un período de sete meses. Ata agora, desempeñaban o seu traballo durante seis meses, pero este ano ampliarán un mes máis o seu servizo. Irán incrementando os seus contratos ata os nove meses en 2026.

O Consello da Xunta deu luz verde o pasado luns ao plan de prevención de incendios forestais ata 2025, que estará dotado con 41 millóns de euros (6 % máis) e que inclúe novidades como o pastoreo, o reforzo dos labores na fronteira con Portugal e este aumento a sete meses do persoal laboral do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) da Xunta de Galicia, que se suma ao resto do operativo autonómico.

A Consellería de Medio Rural subliña que reforza a súa "aposta por un servizo contra incendios profesional, público e versátil". "Desta forma, a decisión terá unha repercusión moi positiva na estabilización destes postos de traballo e na protección do noso medio rural, seguindo a liña do que vén facendo a Xunta co fin de mellorar as súas condicións de traballo e o servizo que prestan", asegura nun comunicado este martes. A Xunta prevé actuar nas tarefas de prevención en 60.040 hectáreas de terreo, das que unhas 5.000 serán xestionadas a través da gandaría en extensivo.

Entre as principais novidades está o obxectivo de avanzar na prevención mediante o uso da gandaría en extensivo. O que se fará, tal e como indicou o pasado luns o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, a través de "gando propio, propiedade da Xunta" e con "axudas para promover este sistema" entre os gandeiros. A Xunta detallou que finalizado este novo proceso de estabilización, en 2026, todos os integrantes do servizo (3.000 persoas) traballarán, como mínimo, ao longo de nove meses ao ano, cunha maior intensidade dos traballos preventivos.

Brigadista
Brigadista | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta