Postura común sobre a parcela do Peleteiro de Santiago: que o Ministerio "dea un paso" e interveña para o seu uso residencial

O Partido Socialista de Santiago considerou que a presente da parcela de Peleteiro "non pode desvincularse do pasado" e referiuse á "responsabilidade" de BNG e Compostela Aberta na situación actual polo seu voto en contra á proposta presentada no pleno municipal polo goberno de Xosé Sánchez Bugallo en decembro de 2022.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A Comisión Mixta sobre a Parcela de Peleteiro acordou este xoves trasladar ao Goberno central unha postura común: a necesidade de que o ministerio "dea un paso" e interveña para chegar a un acordo coa propiedade co obxectivo de modificar o plan e ampliar os usos residenciais da parcela. Trátase, segundo trasladou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, dunha "posición de cidade" que o goberno local levará o próximo 10 de maio a unha reunión co Ministerio de Economía, fixada para tratar a situación da parcela de Peleteiro despois de que a Sareb rexeitase todos os proxectos alternativos ao que xa está en tramitación.

Comision mixta de Peleteiro
Comision mixta de Peleteiro | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Ao termo do encontro, que se celebrou no Pazo de Raxoi, a alcaldesa agradeceu a "actitude construtiva" de todos os participantes, asociacións veciñais, de comerciantes e sociais, así como representantes das distintas agrupacións políticas que forman a corporación local. No encontro, dixo Sanmartín, foi "unánime" a "necesidade de mirar para o futuro" e "formular conxuntamente unha posición de cidade" para lograr un acordo coa propiedade en tres cuestiones clave: unha menor edificabilidade, unha modificación de usos para que o que prime sexa a residencial fronte ao comercial e "unha mellora da ordenación", a través da apertura dunha praza. O goberno local, engadiu a rexedora, non renuncia a que parte desa vivenda sexa protexida, aínda que este aspecto non forma parte da posición consensuada.

"Entendemos que, agora, é ao propio Goberno do Estado a quen lle toca dar un paso, e que ten que definir que está realmente polas políticas de vivenda", dixo Goretti Sanmartín, lembrando que, en palabras da propia ministra de Vivenda, a Sareb debe "ser unha ferramenta ao servizo da política pública de vivenda". Para Sanmartín, a situación actual, a pesar da negativa da Sareb, deixa "unha porta entreaberta a esa posibilidade", algo para o que reiterou que é necesaria a intervención do Goberno central co fin de alcanzar "un acordo coa propiedade" nesta liña.

Tras anos nos que non se logrou chegar a un acordo nesta cuestión, a rexedora cre que o que "cambiou" é que actualmente hai unha licenza que "xa está en trámite ordinario" e unha negativa explícita da Sareb a esta modificación, algo ante o que requiriu "solucións extraordinarias" como "a implicación real do Goberno do Estado coa política de vivenda".

NECESIDADES DE VIVENDA

A comision, dixo a alcaldesa, coincide en que "máis que as necesidades comerciais", o que require a cidade é que se cubran "as necesidades de vivenda", polo que esixen que "prime" nos usos desta parcela a política residencial. O que se traslade a Madrid, por tanto, "xa non será a posición do goberno" de Santiago, engadiu Goretti Sanmartín, se non "a posición clara da comisión" e, por tanto, "do conxunto do concello". "O Estado tamén ten que ser consciente nestes momentos de que a situación non é igual, porque agora temos un procedemento regulado, unha licenza" en tramitación, dixo a alcaldesa, que, no entanto, ve "unha porta pequena entreabierta" para lograr un cambio.

TODAS AS ALTERNATIVAS

A alcaldesa, como xa dixera esta semana, lembrou que o goberno local, nas súas conversacións coa Sareb, puxo encima da mesa "todas as alternativas" abordadas estes anos no consistorio e que supoñen unha mellora en termos de vivenda, aínda que todas foron rexeitadas pola entidade. Agora, a comisión mixta apostou por "non mirar atrás" e remar nunha dirección para que "haxa un acordo coa propiedade para modificar o plan" para "conseguir unha redución da edificabilidade" e un "cambio de usos" cara ao residencial. 

O PSOE DE SANTIAGO PON A "RESPONSABILIDADE" NO BNG E CA

Rolda de prensa de repersentantes institucionais do PSOE na sede local
Rolda de prensa de repersentantes institucionais do PSOE na sede local | Fonte: Europa Press

Partido Socialista de Santiago considerou que a presente da parcela de Peleteiro "non pode desvincularse do pasado" e referiuse á "responsabilidade" de BNG e Compostela Aberta na situación actual polo seu voto en contra á proposta presentada no pleno municipal polo goberno de Xosé Sánchez Bugallo en decembro de 2022.

Así o trasladaron os socialistas composteláns nunha rolda de prensa na que participaron, ademais do propio exrexedor, o secretario local, Aitor Bouza; o secretario provincial, Bernardo Fernández; e as deputadas no Congreso Obdulia Taboadela e Montserrat García Chavarría. No acto e preguntado por este asunto, Bugallo lembrou que, en decembro de 2022, BNG, CA e PP "tombaron a proposta" porque consideraban que "era máis importante cambiar de alcalde que solucionar o problema".

"Agora estamos ante un problema e como cidadán, exalcalde e militante espero que teña unha solución adecuada", dixo o actual senador, que sostivo que o que fixo o actual goberno municipal durante estes sete meses é "negociar coa Sareb un acordo similar ao que se tombou en decembro de 2022". "Lamento que non fosen capaces ou que non fose posible alcanzar ese acordo e estou seguro de que no grupo socialista habería responsabilidade, en contra do que eles fixeron", sostivo.

Bugallo asegurou que agora o goberno local trata de pedir ao Estado que arranxe este asunto, pero lembrou que a Administración central non é a propietaria da parcela, tendo en conta que só ten unha participación na Sareb. Ademais, sobre a posibilidade de destinar a vivenda protexida este enclave, lembrou que o alto valor supera o de venda, polo que "desde un punto de vista da racionalidade" poderíanse construír moitas máis vivendas se se opta por outra localización.

Así as cousas e preguntado pola postura que manterá agora o PSOE, nun contexto no que este xoves se reúne a comisión que aborda este asunto, Aitor Bouza indicou que o PSOE "sempre estará á beira dos veciños" e manterá unha postura que beneficie á cidadanía. 
Por último, pediu o goberno local que actúe con "transparencia" neste asunto. "A transparencia que se lle esixiu no pasado ao goberno local", dixo para soster que deben chamalos "non só para solucionar o problema, senón para ser parte da solución desde o principio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta