Rueda sitúa na Secretaría Xeral de Medios a Pedro Rojo, vicesecretario de Organización do PP

Rojo xa foi unha peza importante do PPdeG na estratexia política das pasadas eleccións galegas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/04/2024 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

Pedro Rojo Otero, xefe de Gabinete do presidente do Parlamento e vicesecretario de Organización do PPdeG será o novo secrerio xeral de Medios da Xunta, un cargo importante dentro do organigrama da Xunta para dirixir a relación, e tamén a publicidade, dos medios de comunicación. co Goberno galego. Así o acaba de indicar o presidente da Xunta Alfonso Rueda tras o Consello da Xunta deste luns.

Pedro Rojo Otero, secretario xeral de Medios e vicesecretario de Organización do PP
Pedro Rojo Otero, secretario xeral de Medios e vicesecretario de Organización do PP | Fonte: FB

Rojo substitúe a Silvia Valdés que estivo neste cargo durante dous anos, despois da marcha de Mar Sánchez, man dereita de Feijóo, a Madrid. Pedro Rojo é un persoa da máxima confianza de Alfonso Rueda e un activo importante do actual PP. De feito, foi Rueda quen o levou a súa dirección na reestruturación da executiva que tivo lugar tras a marcha de Feijóo, en 2022.

Ademais, boa parte do mérito da estratexia política e comunicativa da pasada campaña electoral tamén ten que ver con este novo cargo da nova fornada política do PPdeG. 

Silvia Valdés deixa este departamento a petición propia. O mandatario galego destacou a "enorme brillantez" desta profesional, á que agradeceu "todo o seu traballo e dedicación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta