Declarada non culpable á muller acusada de matar o seu home en Monfero

A Fiscalía mantiña que cooperou na morte do seu home e pedía unha condena de 26 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

O Tribunal do Xurado considerou á acusada de matar o seu marido en Monfero, en xullo de 2021, non culpable de asasinato, así como de cooperación ao suicidio.

No xuízo, a muller alegou que houbo un pacto de suicidio, con fármacos, pero errado no caso dela. "Fomos os dous os que quixemos irnos, adorabámonos en todos os sentidos, era un home bo e traballador, por que tiña que matalo, isto é imposible", sentenciou.

Esta foi a liña mantida polo seu defensa, que pediu a libre absolución fronte á Fiscalía que ratificou a súa petición de condena de 26 anos de prisión ao rexeitar que a vítima participase de "forma activa" para suicidarse, tomando el mesmo os medicamentos, como sostivo o letrado da procesada, que non considerou acreditado que a muller llos dese.

Esta parte argumentou tamén que o home era consciente do que facía, rexeitando que a deterioración cognitiva que presentaba afectase á súa capacidade de decidir, en contraposición aos argumentos do Ministerio Público.

Mentres Fiscalía que, como alternativa, expuxo a cooperación da muller no suicido do home, sostivo que a acusada "mata o seu esposo". "Decidiu darlle morte de maneira unilateral sen vontade ningunha por parte do marido". "A súa versión dos feitos está encamiñada a encaixar a súa conduta", expuxo na última sesión do xuízo, na Audiencia coruñesa.

Xuízo a unha muller
Xuízo a unha muller | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta