CIG denuncia que Educación "borra" o sistema de baixas curtas para non cubrilas e esta nega "disfuncións"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2024 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

A CIG denunciou o "borrado" do sistema de baixas de profesores de menos de 15 días de duración, o que atribúen á intención de non cubrir estas ausencias por parte da Consellería de Eduación, que nega que existan "disfuncións" e defende que se tramitan con "normalidade".

Nun comunicado, a central nacionalista lembrou que "leva tempo" denunciando estas prácticas pola Xunta, á que acusa de borrar das listaxes "calquera baixa que non supere amplamente os 15 días"

Afirma que "dá igual" que o centro, como encargado de subir a baixa ao sistema, indique "que vai haber continuidade na baixa, que esta baixa sexa indispensable ou que o profesorado atenda a alumnado con necesidades educativas de apoio", pois a consellería "segue a táctica de non cubrir as baixas cando se producen".

Nunha resposta facilitada a Europa Press, o departamento autonómico que dirixe Román Rodríguez trasladou que as baixas se tramitan "con normalidade, a través do procedemento común". "Non consta que se estean producindo disfuncións. Non hai ningunha novidade respecto ao que ven facendo desde sempre en canto ao procedemento de cobertura de baixas", sinalaron fontes da Consellería de Educación.

Román Rodríguez. Foto Xoán Crespo. Xunta de Galicia - Arquivo
Román Rodríguez. Foto Xoán Crespo. Xunta de Galicia - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta