Case un de cada catro mozos de entre 16 e 29 anos está no paro

A taxa de paro xuvenil en Galicia sobe 3 puntos nos primeiro trimestre, ata o 22,3%, con 35.500 mozos desempregados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2024 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A taxa de paro xuvenil en Galicia subiu tres puntos no primeiro trimestre, en comparación co mesmo período de 2023, ata situarse no 22,3%, cuns 35.500 mozos de entre 16 e 29 anos sen emprego.

Así se desprende do Estudo sobre a relación coa actividade da poboación xuvenil publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollido por Europa Press, que indica que do total de 329.900 mozos que hai en Galicia, 159.200 son poboación activa (que teñen ou buscan emprego).

Destes últimos, 123.700 teñen un traballo, mentres que 35.500 están desempregados, o que supón un 22,3% de taxa de paro, a pesar de que no total de Galicia, tendo en conta todas as franxas de idade, a taxa de paro é do 10,45%.

Do conxunto de mozos sen emprego, uns 10.000 buscan o seu primeiro traballo, mentres que 25.500 xa tiveron un contrato previamente. Entre outros datos, no primeiro trimestre, o 73,2% dos ocupados de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa, caendo un 0,7% en comparación co mesmo período de 2023.

Estudantes dun ciclo d FP
Estudantes dun ciclo d FP | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta