Amnistía Internacional expón as "carencias" da Xunta: falta de investimento en sanidade e en vivenda social

Avisa dun uso "excesivo" da forza policial con balas de goma para disolver unha manifestación do metal en Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2024 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Amnistía Internacional alerta, no seu informe anual, de "carencias" da Xunta en políticas de vivenda, sanidade e violencia sexual e de xénero. Igualmente, avisa dun uso "excesivo" da forza policial en Galicia. Por exemplo, expón que a Policía Nacional empregou o pasado verán balas de goma para disolver unha manifestación na folga do metal na cidade de Vigo e resultou ferido un manifestante.

En materia sanitaria, Amnistía Internacional advirte de que o novo executivo debe facer fronte ao "deficiente" financiamento da atención primaria, pois "non chega nin de lonxe ao 25 % do investimento total en sanidade". De feito, apunta que o gasto sanitario caeu un 2 % entre 2019 e 2021 en Galicia, con especial retroceso do 6 % en atención primaria en plena pandemia. Tamén observa que o tempo de espera para consultas de atención primaria é superior aos dous días recomendados nun 74 % dos casos.

VIVENDA E VIOLENCIA DE XÉNERO

En vivenda, censura que os datos están lonxe do 15 % de vivenda social dispoñible de media na UE, cunha escasa cifra do 3,8 %. Ao que se suma que hai case 300.000 vivendas baleiras en Galicia. E todo mentres o prezo do aluguer se disparou un 26 % na última década. Paralelamente, esixe que se abran centros de crise 24 horas contra a violencia sexual e de xénero nas catro provincias antes de final de ano, tal e como establece o mandato do Consello de Europa.

Reunión do Consello da Xunta
Reunión do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta