En profundidade.- Sobre ceses e outras cuestións

Galicia Confidencial estivo sondeando diferentes opinións dentro do BNG e do entorno da conselleira, todos eles militantes nacionalistas, para tentar desgranar o que acontece logo do cese de Carlos Amoedo como director xeral deste departamento autonómico...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/11/2008 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

None

Pero nesta andadura, a conselleira topou con serias dificultades dentro do seu propio departamento; entre eles o do secretario xeral, Carlos Amoedo, ou o do director xeral de Difusión Cultural, Luis Bará, que permaneceron fieis ao oficialismo nacionalista, sen ter en conta outros cargos intermedios que se postularon a favor e en contra de Bugallo. Con Bará (a quen acusan de estar detrás dos actos de Amoedo) as relacións, aínda que tirantes, seguiron e seguirán adiante ata o final da lexislatura, pero co secretario xeral da consellería era diferente. Como o seu número dous, Amoedo controlaba prácticamente a engranaxe da consellería, algo que non lle gustaba á conselleira porque temía que "lle colara algunhas cousas pola porta de atrás" sen que ela mesma se dera conta.

Os encontronazos e cabreos foron a máis e Bugallo advertiulle a Quintana que perdera toda a confianza en Amoedo, pero o líder nacionalista deu a entender que habería que agardar ao final da lexislatura. Sen embargo, os feitos precipitaronse cando a conselleira descubriu que Amoedo "estaba maniobrando as súas costas". Farta deste doble xogo decidiu cesalo fulminantemente, algo que provocou a súas iras e o seu cese fulminante que foi comunicado a Quintana unhas horas antes de que entrara no Consello da Xunta.

Fontes da dirección do BNG aseguran, pola contra, que a conselleira decidiu "quitar do medio" a Amoedo porque era o "único" que lle facía fronte na súa intención de "privatizar" a Cidade da Cultura. Apuntan que a súa decisión de pedir un informe da asesoría xurídica xeral da Xunta sobre a legalidade da constitución da fundación privada da Cidade da Cultura foi o que provou as iras de Bugallo, así como todo o seu traballo en poñer "os puntos sobre os ies" en todo o relacionado con este proxecto.

Posición oficial

"Se tan en contra están no BNG coa fundación privada porque non fan un comunicado ao respecto. Non hai ningunha decisión da Executiva nin do Consello Nacional que se posicione en contra", aseguran fontes próximas á conselleira. GC tentou verificar este aspecto en conversas con membros da Executiva e do Consello Nacional e aseguran que non teñen coñecemento da existencia de documentos oficiais que se opoñan a esta fundación. Sen embargo, e tal e como comentamos aquí, na pasada Asamblea Nacional, Lois Diéguez, da UPG de Lugo, cargou contra o proxecto da Cidade da Cultura e, especialmente, contra a fundación prevista para a súa xestión. Tamén membros do MPLB e do Encontro Irmandiño teñen criticado esta cuestión nalgúnhas das xuntanzas nacionalistas.

A última referencia a esta cuestión produciuse no Consello Nacional do pasado venres convocado para abordar un informe da Executiva sobre a situación económica. No turno de rogos e preguntas, novamente un membro da UPG, esta vez Duarte Correa, responsable comarcal do BNG no Salnés, reclamou a Executiva que se explicara o cese de Amoedo, petición que foi denegada por Francisco Jorquera (xa sen Quintana na sala porque marchara a unha conferencia de Jordi Puyol) alegando que non estaba na orde do día.

En todo caso, a decisión de Bugallo de prescindir de Amoedo abriu unha pequena fenda na dirección nacionalista a menos de cinco meses das autonómicas. Un feito que incomodou, especialmente, a Quintana. Hai quen mesmo lle chegou a recomendar o cese da conselleira, algo que non está en riba da mesa, precisamente, porque abriría unha crise de imprevisibles consecuencias a pouco tempo dunhas eleccións.

Polo momento, a solución adoptada parece convencer a todas as partes; situar a Carlos Sierra como substituto de Amoedo. Bugallo ten máis confianza nel e na dirección nacionalista din que é un quintanista convencido. Para o que xa non hai arranxo é para a escalada de reproches.

"Machismo"

Fontes próximas á conselleira acusan á UPG, co beneplácito de Quintana, de iniciar unha "caza de bruxas" contra Bugallo e din que non lle está a gustar nada que, dende certos ámbitos do BNG, se lle critique polo seu xeito de vestir e, especialmente, pola súa vinculación sentimental co conselleiro de Economía, "o que fai pensar a algúns que está vendida ao PSOE".

Tamén se queixan da belixerancia de certos medios de comunicación contra a conselleira e aseguran que certos editores actúan coma mafiosos. "Se non se fai coma eles queren entón xa estás marcado de por vida".

Dende a dirección do BNG aseguran que non hai "constancia de ningún tipo" que vinculen a membros do Bloque ou da UPG con este tipo de comentarios e suliñan que sempre foron "moi respetuosos" coa vida privada de todos os conselleiros.

"Menos mal que quedan só cinco meses para que remate todo isto", apunta unha fonte da Executiva consultada por GC que agarda que non se produzan máis sobresaltos ata os vindeiros comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

44 mirakitikuento

Había una vez ratatatatatata un circo que alegraba siempre el corazoooooooooooonnn, lleno de alegría y de coloorrrrrrrr.
Pepiño, lembra que mañá te toca pagar a ti os cafés, tacaño miserable, levo dous anos aguantando as gañas de dicircho e agora que xa non está o tal Amoedo por fin me sinto con valor pra facelo. E ti, Maruxiña, no aturo que te sigas tirando peidos na oficina, porca. Do resto de momento non vou falar, a ver se cambian un pouco as tornas pero como non vos portedes hai para tod@s.....

43 alberto

como esto semella ir de poemas hoxe, pois un mais, de Celso Emilio Ferreiro, primeira estrofa de "Tí e máis eu"do Longa Noite de Pedra, vai adicado a L.B., C.A e tódolos seus siareiros-as:
Non falemos dos bobos
que tódolo adeprenden nos libros.
Non falemos dos parvos
con cara de domingo;
nin dos sapientes memos,
nin dos túzaros listos,
nin do eterno mal gusto
dos probes novos ricos.

42 pallaso barricada

A min este cese lémbrame aqueles versos de Paul Eluard:
"L´indifférence violemment exclue
Tout se jouait
autour du ventre sans raison et des paroles sans suite
D´une femme faite pour elle-même
Et plus nue que réelle"

O título deste poema ben podería inspirar un bon epitafio para Amoedo:
"Où la femme est secrète
l´homme est inutile".

41 unha

Ja, ja, ja, era o que faltaba, un devanceiro supostamente por riba do ben e do mal, facendo de machito protector da súa ínclita dona, xulia, despechada por non ter sido ascendida a subdirectora de Bará...
xa o dician os franceses, cherchez la femme...
Menuda pájara de funcionaria, pasándolle información coñecida no exercicio do seu cargo a Salvador para que este dispare fuego de mortero desde o correo gallego!!
Esta debeu ser a que filtraba toda a información ao PP.

40 Felipe