Pontón, preocupada ante os "feitos moi graves" que describe Contas sobre a sanidade e pide á Xunta comparecer

O BNG porá o "foco" no próximo pleno da seman e incidirá na situación da atención primaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2024 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, manifestou a súa preocupación polos "feitos moi graves" que describe o Consello de Contas no seu informe de fiscalización sobre a xestión sanitaria, co que incidiu en que precisan de "explicación parlamentaria", cunha comparecencia do Goberno autonómico.

"Pediremos a comparecencia do Goberno para que explique un informe que evidencia que o Executivo do PP está a empeorar a sanidade pública e reclamaremos que se cumpran as recomendacións do Consello de Contas", manifestou Pontón.

Ademais, a líder nacionalista fixouse en que a Xunta afirma que "a sanidade funciona ben, pero cando se fai calquera tipo de auditoría", cada vez os problemas "son maiores", como o incremento das listas de espera que "deberían preocuparlle a calquera goberno, porque nun problema de saúde é clave collelo a tempo para ter unha resposta".

Por iso, como primeira cuestión, Pontón reclamou que o Goberno "compareza" porque os informes de Contas "deixan en evidencia que a sanidade está a empeorar" e reclamou á Consellería de Sanidade que "cumpra coas recomendacións" para a mellora da xestión dos recursos públicos. Xa como primeiro paso, o BNG porá o "foco" nesta cuestión no pleno da semana que vén, no que tamén incidirán na situación da atención primaria.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, intervén durante o pleno de investidura, no Parlamento galego. Álvaro Ballesteros - Europa Press
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, intervén durante o pleno de investidura, no Parlamento galego. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta