O PSdeG esíxelle á Xunta unha "ordenación adecuada" da eólica

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2024 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario Socialista esíxelle á Xunta que realice unha "ordenación adecuada" para o desenvolvemento dos proxectos de enerxía eólica que lle deben permitir a Galicia ser líder na transición enerxética. Así o declarou a portavoz de Industria e Enerxía do PSdeG, Patricia Iglesias, que destacou que Galicia se atopa nun "momento decisivo", tanto polo contexto internacional no que se refire ao modelo enerxético como pola chegada de fondos europeos Next Generation.

A deputada socialista, que rexistrou unha proposición non de lei sobre este asunto, remarcou que Galicia se atopa ante unha das "maiores oportunidades económicas da súa historia", xa que dispón dos recursos, do coñecemento e da tecnoloxía para "ser líder" no proceso de descarbonización da economía, en "conexión directa" co desenvolvemento industrial.

Por iso, a Xunta "ten que facer xa unha aposta firme polas renovable". Fontes como a eólica, en combinación co hidróxeno verde "teñen que ser unha prioridade absoluta" nas políticas enerxéticas e industriais do Executivo galego. Para Iglesias, a Xunta "en lugar de perderse en batallas xudiciais, debe habilitar" as canles normativas adecuados para "crear seguridade xurídica" e "non comprometer" os proxectos e os investimentos necesarios para polos en marcha.

"O PSdeG vai actuar con responsabilidade. Reiteramos o ofrecemento dun pacto de enerxía e industria para que Galicia xogue un papel líder nunha nova economía baseada nas enerxías limpas", afirmou Patricia Iglesias.

A portavoz de Industria e Enerxía do PSdeG, Patricia Iglesias
A portavoz de Industria e Enerxía do PSdeG, Patricia Iglesias | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta