O Parlamento insta ao Goberno central que publique de maneira "inmediata" dos decretos da nova lei de FP

A Comisión de Cultura do Parlamento galego aprobou este mércores, na súa primeira sesión do actual período, unha iniciativa na que se insta á Xunta a reclamar ao Ministerio de Cultura que se axilicen os traballos de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2024 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores unha proposición non de lei presentada polo Grupo Popular na que se insta á Xunta a reclamar ante o Goberno de España que se publiquen "de inmediato" os decretos para o desenvolvemento da nova FP, documentos sen os que "non é posible a tramitación da normativa autonómica", recolle a iniciativa, que saíu adiante cos votos a favor de todos os grupos excepto o socialista, que se abstivo.

O texto foi defendido na Comisión de Cultura pola deputada popular Patricia García, que arrincou criticando a Lei Celáa e cargando contra a forma de proceder do Goberno central, incidindo na necesidade de que haxa debate ao redor dunha norma deste calado cando "se busca un pacto de Estado".

Entre os elementos que criticou da Lei Celáa están, dixo, os "cambiazos de última hora", o "ataque contra os centros concertados" e a falta de cumprimento dos prazos previstos para o seu desenvolvemento, especialmente no ámbito da FP.

Patricia García lembrou que, segundo o indicado polo propio Executivo central, o desenvolvemento da nova FP "tiña que estar pechado en setembro" de 2023, coa publicación dos decretos, pero "está sen facer", no que considera "unha improvisación máis de Pedro Sánchez" dentro da súa "vontade desenfreada de reformar todas as leis educativas".

"Non podes manter en albas a toda unha comunidade educativa", dixo a deputada popular, que puxo en valor o traballo en paralelo da Xunta, que "foi adiantando" a ordenación da FP galega e "comezou a traballar no regulamento" que, no entanto, necesita da publicación dos estatais para aprobarse.

Parlamento de Galicia
Parlamento de Galicia | Fonte: Arquivo

MUSEO ARQUEOLÓXICO DE OURENSE

A Comisión de Cultura do Parlamento galego aprobou este mércores, na súa primeira sesión do actual período, unha iniciativa na que se insta á Xunta a reclamar ao Ministerio de Cultura que se axilicen os traballos de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense, así como coñecer a súa data de finalización e que, de forma paralela, se avance no proxecto de musealización. A iniciativa saíu adiante cos votos a favor de todos os grupos excepto o socialista, que se abstivo.

O deputado do PPdeG José Luís Ferro, encargado de defender a proposición non de lei, lembrou que a sede do Museo Arqueolóxico de Ourense, situado no Pazo Episcopal, pechou as portas para unha remodelación no ano 2002, hai dúas décadas. As súas pezas, apuntou, "foron trasladadas a un edificio cedido pola Consellería de Educación", onde se almacenan aínda a maior parte.

O proxecto permaneceu en "unha vía morta" durante varios anos, ata que se reactivou en 2012. Unha vez obtidos os permisos e licenzas, as obras adxudicáronse, por 3,5 millóns de euros, en xullo de 2019, co compromiso de concluílas antes de finalizar 2022, algo que, lembrou, non se cumpriu.

O deputado popular a lembrado que a finais de 2023 esta mesma Comisión de Cultura acordou por unanimidade pedir ao ministerio que se axilizasen os traballos de cara á súa reapertura, aínda que "a día de hoxe non nos consta ningunha resposta", lamentou. Por iso, trouxeron de novo a iniciativa á Cámara galega.

A proposición non de lei volve reclamar que se facilite unha data de apertura desta infraestrutura e axilícense os traballos, así como que se licite e adxudique paralelamente o proxecto de musealización, de modo que, cando estean concluídos os traballos, "non se demore máis a apertura".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta