Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2024 | Actualizada ás 14:18
Unha muller tivo que ser rescatada dunha zona de rochas nunha praia da Illa de Arousa e trasladada a un centro sanitario para ser atendida das súas lesións tras unha caída.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron pouco antes das 10,00 horas deste xoves, cando a propia muller contactou cos servizos de Emerxencias para informar de que se caeu nunha zona de rocas e estaba ferida, polo que lle resultaba difícil saír de alí.
O 112 informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros de Vilagarcía, Garda Civil e Policía Local da Illa. Efectivos de bombeiros e axentes de policía auxiliaron á muller, axudándoa a desprazarse ata onde unha ambulancia a recolleu e trasladouna a un centro sanitario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.