Entre 1.500 e 12.000 euros, as axudas da Xunta aos galegos que irán aos Xogos Olímpicos de París

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a convocatoria de axudas para os galegos chamados a participar nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París, que contan cun orzamento de 250.000 euros. Tal como informou a Xunta nun comunicado, nesta ocasión, como novidade, ademais da os deportistas, estas subvencións van destinadas a adestradores, técnicos, xuíces e árbitros.

A medida inclúe sete tipos de axudas de entre 1.500 12.000 euros, segundo as funcións que vaian desempeñar os beneficiarios e, en caso dos deportistas, segundo se xa participaron en anteriores xogos e se conseguiron medallas. O prazo de presentación de solicitude abre este sábado e prolongarase ata o 30 de setembro.

O atleta galego Adrián Ben, nos Xogos Olímpicos de Tokio
O atleta galego Adrián Ben, nos Xogos Olímpicos de Tokio | Fonte: Sergio Mateo - Europa Press - SPORTMEDIA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta