Altri "convence" á Federación Amigos do Camiño dos "beneficios" da megacelusosa: "Será positiva"

O presidente desta entidade di que "confía" neste proxecto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2024 | Actualizada ás 21:46

Comparte esta noticia

A Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago reuniuse o pasado venres coa directiva de Greenfiber, do grupo portugués Altri, e trasladoulle unha petición: que o impacto do seu proxecto industrial ao Camiño Francés que atravesa o lugar non sexa "neutro, senón positivo", e "que achegue melloras ao tramo Palas-Melide".

Así llo comunicou o presidente da Federación de Amigos do Camiño, Jorge M. Caba, quen mostrou a súa confianza en que se abran liñas de diálogo e colaboración coa promotora da fábrica de fibras téxtiles (Gama) que implantará no concello lucense de Palas de Rei.

Segundo informa este colectivo, a compañía compartiu con eles as medidas que acometerá para integrar a factoría na contorna, que "só será visible de forma parcial desde cinco puntos" do itinerario xacobeo "dos 20 considerados clave, desde os que existirá unha visibilidade parcial e mínima".

Tamén mostrou o seu apoio á planta de Altri o delegado da Federación Española de Asociacións de Amigos Camiño de Santiago en Galicia e Portugal, Ángel Trabada, que considera moi positiva a oportunidade brindada para coñecer a iniciativa de forma directa. "Cremos neste proxecto", dixo, non sen advertir que van estar "moi pendentes de que se cumpran as actuacións" que lles anunciaron para que o Camiño "salga beneficiado".

Neste contexto, os responsables de Greenfiber e os seus consultores trasladáronlles medidas para reducir o impacto visual da planta, como as canalizacións subterráneas e "o afastamento das actividades que poidan xerar emisións de po", entre outras.

A Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago reúnese con Greenfiber (Altri)
A Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago reúnese con Greenfiber (Altri) | Fonte: FEDERACIÓN AMIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ventomareiro

Pois a min aínda non me chamaron pras merendiñas!!