Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/05/2024 | Actualizada ás 11:41
A maioría absoluta da que goza o PP no Parlamento galego serviu para tombar a proposta do Bloque para crear unha comisión de investigación sobre os contratos de emerxencia realizados pola Xunta para a compra de material durante a pandemia. O BNG, que ten os escanos suficientes para activar en por si este mecanismo de fiscalización na Cámara autonómica, levou a iniciativa á sesión plenaria iniciada este martes para tratar de que a creación da comisión fose aprobada pola maioría do Lexislativo.
Con todo, os votos do PP frustraron esta petición, que si foi respalada polo resto de grupos no hemiciclo, e dicir, o PSdeG e o deputado de Democracia Ourensá, quen se sumaron a unha reclamación para investigar os contratos da pandemia ante as "dúbidas" que existen "sobre a xestión dos recursos públicos" durante a crise sanitaria sobre "o que se contrataba e, sobre todo, a quen se contrataba".
O portavoz popular, Alberto Pazos Couñago, xustificou o 'non' dos populares porque entenden que "non existe un só motivo para cuestionar" a contratación da Xunta durante a pandemia e acusou ao Bloque de tratar de "embarrar" o debate político con acusacións "falsas".
Antes, Iago Tabarés (BNG) incidira en que os informes do Consello de Contas relevaran "irregularidades" na forma na que a Consellería de Sanidade articulou os contratos de compra de material sanitario, así como sementado dúbidas sobre varias áreas sanitarias que ofreceron información menos completa que outras. Estas "irregularidades" no rexistro de contratos que foi fiscalizado por Contas, segundo o deputado nacionalista, "foron recoñecidas" polo propio Servizo Galego de Saúde, que "admite" que levaron a cabo máis contratos do reflectidos pero que "a contía" deles "é a mesma", o que Tabarés interpreta como unha mostra de "evidente descontrol" na forma de xestionar os fondos extraordinarios articulados durante a pandemia.
Tabarés puxo o acento na falta de fiscalización dos contratos da Xunta ou, mesmo, de axencias, fundcaiones, institutos ou entes instrumentais que se valeron destas partidas extraordinarias, á vez que remarcou as "deficiencias" que, ao seu xuízo, constitúe a "concentración" en poucas empresas da concentración. Así, sinalou que o 49% do adxudicado en 2020 acumúlase en once empresas e 66% do contratado en 2022, en catro. Destas, segundo Tabarés, hai algunhas con "estreitos vínculos" con cargos do PP, como o expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Neste sentido, aseverou que "un de cada tres euros" adxudicados pola Xunta foron a parar a empresas vinculadas con familiares do expresidente galego e actual líder nacional do PP, mentres que tamén afirmou que existen informacións que apuntan a outra compañía dedicada á roupa de traballo e da que é responsable o marido da secretaria xeral do PP, Paula Prado, e recibiu tamén contratos. Tras insistir en que a xestión da Xunta durante a pandemia foi "exemplar", o portavoz popular cargou contra os nacionalistas polo que, ao seu xuízo, constitúe un exercido de "esparcir infundios en lugar de activar o mecanismo regulamentario" do que dispón o grupo para activar en por si unha comisión de investigación.
Sobre esta cuestión, o BNG sinalou que non quería gastar "a única bala" de toda a lexislatura xusto ao comezo da mesma, porque iso "implicaría ter a confianza" de que "non vai facer falta" no próximos catro anos, do que dubidou por "o comportamento" do PP coa xestión "da sanidade ou as residencias".
Pazos Couñago acusou ao BNG de "mentir" cando afirma que "non se facilitaron expedientes do catro áreas sanitarias", de "manipular" cando "verten sospeitas sobre o destino de 159 millóns de euros do fondo covid" e "delirar" cando manifestan dúbidas sobre "algúns contratos que demoraron a entrega máis dun mes". Por tanto, remarcou que "non existe nin un só motivo para cuestionar a contratación de emerxencia realizada pola Xunta durante a pandemia" e que "se existisen sospeitas dalgún ilícito activouse o protocolo de colaboración entre o Consello de Contas e a Fiscalía".
Pola súa banda, a deputada socialista Patricia Iglesias puxo o acento durante a súa intervención en que "na pandemia houbo oporutnistas e comisionitas que se lucraron" cos contratos e que o Sergas recorreu aos contratos de emerxencia de forma pouco "transparente" e cometendo "moitas irregularidades". Así, afirmou que o Contas e outros organismos "situaron a Galicia á cola en transparencia" pola súa xestión de contratos de emerxencia que levantan sospeitas e que, como recalcou, pasaron polo Consello da Xunta como máximo órgano de goberno.
Por último, Armando Ojea (DO) manifestou que a propia administración debería facer "unha reflexión" e unha "análise" sobre a forma en que foron xestionados estes recursos públicos, que requiren de "luz e taquígrafos" ante as dúbidas vertidas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.