A gala dos premios escolares DígochoEu será transmitida pola plataforma dixital A Galega

Case 500 escolares, profesores e familiares asistirán á gala e os galardóns distribúense en seis premios de dúas categorías

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2024 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A plataforma dixital A Galega retransmitirá en directo este xoves desde as 17,30 horas a gala de entrega dos premios escolares DígochoEu, que celebra a CRTVG na Cidade da Cultura.

Ademais o evento, presentado polos xornalistas Esther Estévez e Gabriel Fontes, será reemitido o día das Letras Galegas á 12,00 hora na TVG.

Segundo informou a CRTVG, ao redor de 500 escolares, profesores e familiares asistirán á gala e os galardóns distribúense en seis premios de dúas categorías.

En Educación primaria, un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro de 200 euros e haberá outro tres de Secundaria coas mesmas contías.

Esta terceira edición recibiu máis dun cento de propostas de centros de toda Galicia, entre as que o xurado tivo que decidir, valorando a calidade lingüística e expresividade dos participantes, a súa orixinalidade e a innovación do contido.

O raposo Digochiño, mascota de '#DígochoEu', xunto á presentadora Esther Estévez. TVG
O raposo Digochiño, mascota de '#DígochoEu', xunto á presentadora Esther Estévez. TVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta