GC Aberto

Amarante Setem e Roupa Limpa estrean “Fíos Fóra”, un documental coral sobre as obreiras do sector do téxtil galego

A produtora Illa Bufarda foi a encargada de elaborar o documental.

Por amarante (http://www.amarantesetem.org) | GC ABERTO | 24/10/2015

Comparte esta noticia

Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

Con esta sinopse, AMARANTE Setem e a Campaña Roupa Limpa queren presentarvos o seu documental “Fíos Fora, historias de obreiras, entre costuras e patróns”, que dende as conversas de moitas persoas protagonistas narra o que foi o sector do téxtil galego dende seus nacementos ata a súa deslocalización e o impacto deste modelo industrial.

Illa Bufarda foi a produtora creativa encargada de levar a cabo esta longametraxe documental diversa en voces e protagonistas, onde participaron ex traballadoras do téxtil en Galicia, personaxes vencellados ó sector empresarial e aos talleres e traballadoras do téxtil en Marrocos, entre outras moitas.

Este documental, que estará dispoñible en galego, castelán e inglés queremos que sexa unha porta aberta ao debate. Fálase moito dos grandes beneficios desta industria pero pouco dos milleiros de traballadoras que o fan posible e en que condicións o fan.

Realizaremos a súa estrea Internacional en A Coruña, cidade e provincia con gran referencia no sector industrial e outra en Pontevedra, sede da organización.

O documental estará presente en varios festivais cinematográficos e está previsto realizar máis proxeccións ó longo do territorio galego, noutras cidades do estado español e a nivel internacional.

A continuación vos deixamos a axenda das datas e programación prevista para o mes de novembro que continuará nos vindeiros meses por máis cidades e vilas.

Estrea Internacional en Coruña:

Auditorio do Centro Ágora: Xoves 12 de Novembro ás 19:45h

Actuación de Mónica de Nut e proxección de Fíos Fóra.

Coloquio aberto coas traballadoras protagonistas, Amarante e Illa Bufarda.

Segunda Estrea en Pontevedra:

Teatro Principal: Venres 13 de Novembro ás 20:00h

Coloquio aberto coas traballadoras protagonistas, Amarante e Illa Bufarda.

En canto as proxeccións en festivais, temos as seguintes:

Cine Europa en Santiago (con datas pendentes de confirmación)

OUFF-Ourense Film Festival: Mércores 18 de novembro ás 20:30h

Para máis información podedes consultar os seguintes enlaces:

Páxina Web Oficial Fíos Fóra

Facebook Oficial Fíos Fóra

Agardámosvos a todos nas estreas! 

 

 

 

 

O documental culmina un proxecto de 3 anos adicado a formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil, a denuncia sobre as condicións de explotación das traballadoras e as alternativas para un consumo responsable de roupa. Este traballo foi financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e a UE.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta