Piden catro anos e medio de cárcere para un recluso de Teixeiro que tentou introducir droga tras un permiso

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2024 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Fiscalía pide catro anos e medio de prisión para un recluso do Centro Penal de Teixeiro que tentou introducir droga no cárcere á volta dun permiso. A vista por estes feitos está fixada para o vindeiro martes, día 21, na Audiencia Provincial da Coruña.

Segundo recolle o escrito de acusación, os feitos remóntanse ao 21 de febreiro de 2020, cando o procesado regresaba ao cárcere de Teixeiro tras un permiso penal. Cando se atopaba no aparcadoiro, os axentes achegáronse a el, xa que sabían que podía portar droga para introducila e vendela dentro do cárcere. Ao velos, o home lanzou á cuneta unha bolsa en cuxo interior se localizaron case nove gramos de heroína, cun valor no mercado próximo aos 1.000 euros.

Por iso, acúsaselle dun delito contra a saúde pública e o fiscal pide para el catro anos e medio de prisión, así como unha multa de 2.789 euros.

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta