Por GC Tendencias | Vigo | 27/10/2015 | Actualizada ás 00:50
O Teatro Afundación de Vigo acolle este martes a rolda de prensa de presentación da Grand Gala Tchaikovsky do Ballet Nacional Ruso dirixido por Sergey Radchenko, que recalará en Vigo e Pontevedra os días 10 e 11 de novembro, respectivamente. As entradas xa están a venda dende 20 euros.
Nesta ocasión o colectivo renderá homenaxe a Maya Plisetskaya, parella de baile do director durante máis de vinte anos. A presentación contará coa asistencia de Ignacio Iturrarte, coordinador de GPS Música e Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación.
Creado en 1989 durante a fin da Unión Soviética por Sergui Radchenko, o Ballet Nacional de Rusia é a compañía máis famosa de entre as que teñen sede en Moscova. Aínda que nun principio decidiu orientarse cara a un repertorio contemporáneo e neoclásico, as demandas do público leváronlles a dedicarse aos grandes títulos do repertorio clásico.
No seu actual repertorio que traerán a Galicia figuran os tres grandes ballets de Chaikovski -«A bela dormente», «O lago dos cisnes» e «Cascanueces»- e «Romeo e Julieta».
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.