A Xunta demanda a Facenda axilidade na devolución do IVE pendente a gandeiros

O Goberno galego lembra que este trámite está pendente dende 2022 e "é de vital importancia para garantir a viabilidade económica de moitas explotacións".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/05/2024 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo un encontro con representantes de Unións Agrarias e da Asociación Agraria de Galicia (ASAGA), cos que tratou a devolución do IVE pendente aos gandeiros que deriva da compra de pensos, enerxía, reparacións, combustibles ou investimentos e cuxa axilidade demandará a propia Xunta ante o Ministerio de Facenda vía carta.

Nunha nota de prensa, o Goberno galego lembrou que este trámite, nalgún caso, está pendente dende 2022 e "é de vital importancia para garantir a viabilidade económica de moitas explotacións, sobre todo daquelas que realizaron un importante esforzo ao acollerse a plans de mellora ou outras iniciativas de modernización".

Deste xeito, detallou, Medio Rural urxirá ao Ministerio a devolver non só o IVE de 2023, senón tamén o doutras anualidades, cos seus consecuentes intereses. Segundo destacou a Consellería, esta demanda é compartida tanto por Asaga como por Unións Agrarias, tal e como lle manifestaron á conselleira o presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Belo; así como o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reúnese co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.. XUNTA
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reúnese co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta