A Policía Local de Ferrol detén un condutor que cuadruplicaba a taxa de alcoholemia

Tras realizarlle a proba de alcoholemia, deu unha taxa catro veces a máxima permitida, polo que será un xuíz o que lle impoña, nun xuízo rápido, a sanción

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2024 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Ferrol lograron deter na noite do pasado sábado ao domingo a un condutor que tratou de fuxir dun control de alcoholemia que os axentes tiñan situado na zona do Callao, en pleno barrio da Magdalena.

O condutor discorría por cálea Igrexa e estando próximo ao control iniciou a marcha atrás no seu vehículo durante uns 50 metros, picando ambas as rodas dianteiras ao alcanzar os bordos. Acto seguido, emprendeu a fuxida pola rúa Rubalcaba, atravesando a praza de Armas a gran velocidade, ata ser interceptado á altura do número 96 desta rúa.

Tras realizarlle a proba de alcoholemia, deu unha taxa catro veces a máxima permitida, polo que será un xuíz o que lle impoña, nun xuízo rápido, a sanción.

No vehículo viaxaban outros dous homes, un deles denunciado por non ir idenficado e por proferir faltas de respecto e de consideración facía os axentes.

Tamén na zona de Callao foron denunciados outro catro condutores por dar positivo no test de alcoholemia, por encima de 0,25 mg/l. en aire expirado.

OUTROS PUNTOS

Ademais, nesa mesma noite, axentes da Policía Local de Ferrol realizaron outros controis. Así, no cruzamento da estrada Alta coa rúa Celso Emilio Ferreiro, outro condutor deu unha taxa positiva de 0,66 mg/l. en aire expirado e houbo outras tres denuncias administrativas por positivo tamén en alcoholemia, ademais doutra por estar en posesión de sustancias estupefacientes, aparentemente haxix.

Tamén se localizou outro condutor positivo en alcol nun control realizado na avenida de Vigo coa estrada de Caranza, en fronte a unha das portas de Navantia Ferrol, con outra denuncia administrativa por alcoholemia, o mesmo que no cruzamento da rúa do Sol con Terra, onde outro condutor deu outro resultado positivo por inxerir bebidas alcohólicas e un segundo por infracción ao Regulamento Xeral de Circulación, por conducir de forma neglixente.

Un coche da Policía Local
Un coche da Policía Local | Fonte: CONCELLO DE FERROL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta