Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 31/05/2024 | Actualizada ás 14:36
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, pediu desculpas polas molestias ocasionadas pola situación na que se atopa o edificio do materno infantil de Ourense, que espera que se solucione "canto antes". A preguntas dos medios nun acto en Santiago, o titular de Sanidade dixo que coñece o problema e defendeu que a Consellería asume a responsabilidade que lle toca.
Así, afirmou que espera que a mediados de xuño se solucione o arranxo do teito para "empezar a traballar con normalidade". "Entendemos o problema e pedimos perdón tanto aos profesionais sanitarios como aos pacientes", manifestou o conselleiro.
Este xoves, o Sindicato Médico de Galicia (Simega), adscrito á Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), pediu á Consellería unha solución ante o "estado lamentable" en que asegura atópase este edificio tras o derrube dun teito na unidade de partos ocorrido o 30 de decembro do ano pasado. De non arranxarse esta situación, os traballadores non descartan iniciar mobilizacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.