Gómez Caamaño aposta por un pacto que potencie o diálogo entre profesionais, pacientes e colectivos sanitarios

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presidiu esta semana a súa primeira reunión co Consello Asesor de Pacientes do Servizo Galego de Saúde, na que expuxo as principais liñas de actuación do departamento que dirixe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2024 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presidiu esta semana a súa primeira reunión co Consello Asesor de Pacientes do Servizo Galego de Saúde, na que expuxo as principais liñas de actuación do departamento que dirixe co obxectivo de optimizar os servizos asistenciais que se lle prestan á poboación galega.

Acompañado por todo o equipo directivo da Consellería e do Sergas, o titular de Sanidade incidiu en que é necesario orientar este departamento cara aos resultados, "optimizando o emprego dos recursos dispoñibles, tanto a nivel material, como a nivel humano". Segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, Gómez Caamaño apostou por alcanzar un pacto a tres bandas e potenciar o diálogo entre profesionais, pacientes e colectivos sanitarios para lograr unha sanidade de mellor calidade.

No encontro, o conselleiro convidou a todos os presentes a manter un diálogo constante e fluído para dar resposta aos novos retos e ás necesidades que presenta o sistema sanitario público galego. O Consello Asesor de Pacientes é o órgano de asesoramento do Sergas e ten como finalidade mellorar a seguridade dos pacientes, familiares e coidadores, fomentando os niveis de participación, ademais de facilitarlle aos pacientes a información necesaria para a toma de decisións.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, preside o Consello Asesor de Pacientes
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, preside o Consello Asesor de Pacientes | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta