Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2024 | Actualizada ás 13:57
Garda Civil e Vixilancia Aduaneira deron por clausuarada con catro novas detencións en Pontevedra, Ourense e Málaga a operación contra o grupo que fornecía desde Galicia motores de alta cilindrada a organizacións dedicadas ao tráfico de droga no Estreito as que se atribúen aprehensións de máis de 4.000 quilos de cocaína e outros 4.000 de haxix.
A operación Vodka, desenvolvida finais de abril con seis detidos e cinco investigados tras un amplo operativo policial no que participaron máis dun centenar de axentes con rexistros en Ourense, Ribadumia e Portugal, pechouse cunha serie de novos arrestos culminados a mediados da semana pasada baixo a coordinación do xulgado de instrución número 2 de Ourense e o fiscal antidroga de Ourense.
Mes e medio despois, a segunda fase desta operación contra a subministración de motores para as narcolanchas que operan no sur da península concluíu con catro novas detencións: duass na provincia de Ourense, unha en Pontevedra e outra en Málaga. Os detidos quedaron en liberdade tras prestar declaración no xulgado, que tamén investiga a outro cinco persoas (dúas en Ourense, outra en Pontevedra, unha en Portugal e outra en Málaga), segundo trasladou a Garda Civil.
A continuación da operación Vodka estaba encamiñada á ramificación da rede que se encargaba do transporte por estrada dos motores e cascos para as lanchas que se usaban no Estreito para transportar droga e inmigrantes, así como dos membros secundarios da organización que se dedicaba ao lavado de diñeiro procedente destas actividades.
PRIMEIRA FASE DA OPERACIÓN
Estes catro detidos súmanse ao seis que foron arrestados na primeira fase do operativo, catro deles en Ourense e dous en Pontevedra.
Ademais de dedicarse á fabricación destas embarcacións para o transporte dos alixos de cocaína e haxix desde alto mar ata a costa, tamén se atribúe a esta rede delitos de branqueo de capitais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.