Temas: IMAXE

Olmo Blanco inaugura unha intervención en Edimburgo

O pasado venres 30, á mesma hora na que Olmo Blanco inauguraba a súa intervención no Summerhall de Edimburgo, en Viana do Castelo se lle concedía o primeiro premio na XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. Se con este premio entre Galicia e Portugal borráronse fronteiras, a súa intervención na capital escocesa evidenciou unha vez máis os vínculos entre Galicia e Escocia.

Por GC Tendencias | Edimburgo | 05/11/2015 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Olmo Blanco / Foto: David Guillén

A inauguración tivo lugar no Summerhall, un edificio mítico de Edimburgo, e foi punto de encontro entre escoceses e a numerosa poboación española residente nesta cidade. Entre os asistentes á inauguración atopábase Miguel Utray, Cónsul General de España en Edimburgo, e algún dos patrocinadores desta exposición, como Viajar por Escocia, sempre interesados en patrocinar a cultura galega en Reino Unido.

Esta instalación de Olmo Blanco foi promovida pola galería Interview Room 11. Unha das súas directoras, Ana G. Chouciño, e a xestora cultural Lucía Blanco, foron as encargadas de traer ao artista galego a Edimburgo. As intervencións de Olmo transforman os contextos máis cotiás con figuras xeométricas enraizadas na cultura árabe e galego-portuguesa. Os seus debuxos, baseados na repetición, invadieron esta vez unha das zonas máis transitadas desde emblemático edificio: un pequeño espacio que antecede ao ascensor, e que se encheu esta vez de liñas que imitan o movemento de subida e de baixada e do abrir e cerrar da porta. A intervención de Olmo quedará neste espacio de xeito permanente, convertíndose tamén en parte da historia do centro.

552139_396151673825712_999837618_n

Olmo Blanco / Foto: David Guillén

Olmo Blanco (www.olmoblanco.com) xa está de volta en Galicia, pero xa se afianzou un pouco máis esta ponte, e tanto o artista como Ana G. Chouciño e Lucía Blanco xa están pensando en novos proxectos.

A diseñadora Iria Aldrey Dono (www.ialdrey.com) creará un catálogo para la exposición con textos de Ana G. Chouciño e Sandra García Peinado, e fotografías de María José Hasta (mjhasta.wix.com/mjhastafoto) e David Guillén (www.davidguillen.co.uk).

Este proxecto conta co apoio de Acción Cultural Española (AC/E) gracias á súa modalidade de Movilidad del Programa de Internacionalización de la Cultura Española (PICE) e do consulado de Edimburgo. Ademáis, non sería posible sen a axuda de The Forest, Summerhall, El Olivo Oil Company, Viajar por Escocia. Tours en español, Tápame Tapas Bar e La Quinta - Deli.

552139_396151673825712_999837618_n

Olmo Blanco, Lucía Blanco e Ana G. Chouciño / Foto: María José Hasta

Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta