Toman posesión os sete deputados do PPdeG que substitúen a conselleiros

En concreto, tomaron posesión: Cecilia Vázquez Suárez, Ángel Rodríguez Conde, Jesús María Fernández Rosende, Pablo Prieto Perille, Katherinie Varela Fernández, Miguel Ángel Viso Diéguez e Manuel Santos Costa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2024 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

Un total de sete deputados do PPdeG tomaron posesión este martes no pleno do Parlamento galego en substitución dos conselleiros que deixaron o seu escano na Cámara autonómica. En concreto, tomaron posesión: Cecilia Vázquez Suárez, Ángel Rodríguez Conde, Jesús María Fernández Rosende, Pablo Prieto Perille, Katherinie Varela Fernández, Miguel Ángel Viso Diéguez e Manuel Santos Costa. Os conselleiros que foron elixidos deputados nas eleccións autonómicas do 18 de febreiro, excepto Diego Calvo e Román Rodríguez, deixaron a súa acta no Parlamento de Galicia para centrarse no seu labor na Xunta.

Así, deixaron a acta no Pazo do Hórreo para centrarse no seu labor como conselleiros: o responsable de Mar, Alfonso Villares; o titular de Emprego, José González; a conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allege; o titular de Facenda, Miguel Corgos; a responsable de Ecomomía e Industria, María Jesús Lorenzana; a conselleira de Política Social, Fabiola García; e a que fóra vicepresidenta segunda na pasada legisaltura e actual conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. Xa non ostentaban a condición de deputados o Parlamento de Galicia os novos conselleiros: Antonio Gómez Caamaño (Sanidade), José López Campos (Cultura, Lingua e Xuventude) e María José Gómez Rodríguez (Medio Rural).

CURRÍCULOS

Miguel Ángel Viso Diéguez (Arnoia, 1971) é enxeñeiro técnico agrícola. Técnico da Consellería do Medio Rural e viticultor na DO Ribeiro, foi senador entre 2019-2023. Entre outros postos, foi deputado no Congreso na XI lexislatura e presidiu o Consello Regulador do Ribeiro entre 2012 e 2016.

Katherinie Varela Fernández (Monforte de Lemos, 1981) é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Esta portavoz municipal do PP en Monforte foi deputada na XI lexislatura do Parlamento galego. É membro do Comité Executivo do PPdeG e foi empregada de banca entre 2007 e 2017.

Cecilia Vázquez Suárez (Betanzos, 1977) é licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. É portavoz municipal dos populares Betanzos e presidenta do PP local. Foi directora xeral de Xuventude da Xunta entre 2015 e 2018 de 2015. Tamén foi xefa de gabinete da Delegación da Xunta na Coruña entre 2019 e maio de 2024. Traballou en empresas agroalimentarias de 2005 a 2019.

Pablo Prieto Perille (Ferrol, 1964) é técnico especialista en administración. Foi concelleiro en Narón entre 2011 e 2014. Director deportivo pola Federación Española de Fútbol-Universidade Camilo José Cela, exerceu como adestrador profesional de fútbol sala en países como España, Libia e Emiratos Árabes. Foi responsable de fútbol sala feminino nacional da Federación Española e é responsable de fútbol sala na Federación Galega de Fútbol (RFGF).

Manuel Santos Costa (Marín, 1968) é licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. É primeiro tenente de alcalde en Marín, onde é concelleiro desde 2002. Foi deputado no XI lexislatura no Parlamento de Galicia. Tamén foi director financeiro nunha empresa de construción.

Ángel Rodríguez Conde (Padrón, 1971) é funcionario da Xunta na especialidade de bombeiro forestal-xefe de brigada. Foi deputado no XI lexislatura do Parlamento galego, como portavoz popular en materia de incendios. Desempeñou funcións na Dirección Xeral de Defensa do Monte da Xunta e foi concelleira en Padrón.

Jesús María Fernández Rosende (Oleiros, 1960) é empresario e vicepresidente territorial do PP da Coruña e presidente do PP de Oleiros. É presidente da Asociación de exparlamentarios do Parlamento de Galicia desde 2007. Deputado no Parlamento de Galicia na II, III, IV, V e V lexislaturas, onde foi presidente de varias comisións. Foi xerente do Padroado da Fundación para a Investigación e Desenvolvemento de Recursos Mariños, secretario do Consello Regulador Denominación de Calidade Mexillón de Galicia e secretario do Consello Económico da Universidade da Coruña. Militante do PPdeG desde 1989, foi elixido concelleiro de Oleiros nas municipais de 1995.

A deputada Cecilia Vázquez toma posesión
A deputada Cecilia Vázquez toma posesión | Fonte: PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta