A Real Filharmonía de Galicia estrea nova tempada: "A historia da música é a historia de inconformistas"

A orquestra incorpora a Raquel García-Tomás como compositora en residencia e á violinista Amandine Beyer como artista en residencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2024 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou este venres a nova tempada 2024/2025, que leva por título 'Inconformistas', co foco en compositores e compositoras que "desafiaron as normas establecidas abrindo novos territorios sonoros". Así, a programación ten como fío condutor a música de tres figuras destacadas da composición: parte de Ludwig van Beethoven, 'o inconformista orixinal'; a figura de Héctor Berlioz; e a nova compositora residente da RFG, Raquel García-Tomás.

Neste fío, durante a tempada percorrerase a traxectoria e as obras de artistas como Franz Schubert, Anton Bruckner, Gustav Mahler, Charles Ives, Edgard Varèse ou Frank Zappa, que se suman a mulleres como Marianne von Martinez, Elisabeth Jacquet da Guerre ou Ruth Crawford-Seeger.

Na presentación, levada a cabo na Escola de Altos Estudos Musicais, o director da Real Filharmonía, Baldur Brönnimann, apuntou que "ás veces a música enfócase moito na tradición, nun marco académico", pero, "se un mira atrás, é todo o contrario": "A historia da música é a historia de inconformistas".

Por iso, explicou que con esta programación non fan "nada radical", senón que queren estar "á altura do noso tempo". "Queremos romper os muros que temos aínda coa sociedade que nos rodea. Iso pasa por implicar ao público, convidalos a opinar e a compartir a orquestra, a nosa misión fundamental", manifestou.

NOVAS FIGURAS

Tamén puxo o foco no apoio aos mozos e na presenza de novas figuras. Por iso, a Real Filharmonía incorpora neste curso a dúas novas figuras artísticas en residencia: a violinista e directora francesa afincada en Vigo Amandine Beyer e a compositora Raquel García-Tomás, Premio Nacional de Música 2022.

Pola súa banda, a directora técnica da Real Filharmonía, Sabela García, detallou a programación, que contará con 22 concertos de abono de setembro a maio; oito fóra de abono; tres propostas didácticas; tres concertos familiares; e 13 actuacións por toda Galicia. Estas últimas celebraranse en Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, Ferrol e A Coruña, así como nas localidades de Celanova, Merza e Lalín. Así mesmo, a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, celebrou que haxa música contemporánea, "algo que pode favorecer a que se incorporen novos públicos e xente nova".

Presentación da nova tempada da Real Filharmonía de Galicia
Presentación da nova tempada da Real Filharmonía de Galicia | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Maria Mazaricos Muiños

Cuando la Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya (OBC) nombra a una compositora residente, se nombra a una compositora catalana y NO a una gallega. Cuando Orquesta Real Filharmonia de Galicia (RFG) nombra a una compositora residente, también se nombra a una compositora catalana y NO a una compositora gallega, tal como puede comprobarse en la recién publicada nueva programación de la Orquesta Real Filharmonia de Galicia 2024-25: https://www.rfgalicia.org/wp-conten... Algo sorprendente teniendo en cuenta que todo el equipo de gestión de la Orquesta Real Filharmonia de Galicia (RFG) son mujeres gallegas... ¿"Inconformistas"? Mientras que de la compositora catalana se interpretan tres obras en la nueva temporada, sin embargo no se interpreta ni una sola composición de ninguna compositora gallega