O BNG cobrará 10 euros extra aos seus militantes para afrontar a campaña do 20D

A formación nacionalista non subscribirá ningún crédito con entidade bancaria ou financeira, “nin recursos procedentes de bancos, nin de lobbies, nin de corporacións económicas”, tampouco “de partidos ou de organizacións de fóra de Galiza”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/11/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O BNG decidiu facer fronte aos custes da campaña electoral de Nós Candidatura Galega para as xerais do 20D cunha cota extra de 10 euros que cobrará a cada militante desde decembro de 2015 a maio de 2016.

Presentación dos actos do 25 de Xullo por parte do BNG
Presentación dos actos do 25 de Xullo por parte do BNG

Foi unha decisión adoptada pola Executiva Nacionalista e que deu a coñecer esta semana aos seus militantes, aos que lembrou que,  para esta campaña non se subscribirá ningún crédito bancario nin cartos de “lobbies, bancos ou corporacións financieiras”. “Esta achega resulta imprescindíbel para desenvolver unha campaña digna, coa orientación e limitacións expresadas con anterioridade”, sinala o comunicado ao que tivo acceso GC.

En todo caso, a formación nacionalista anuncia que responsables locais e comarcais do BNG poranse en contacto cos militantes, durante este novembro, co fin de informar do termos exactos desta iniciativa. “A cota é voluntaria, e comprendemos a existencia de casos nos que sexa preciso eximir a compañeiras e compañeiros desta cota por razóns económicas”, sinala o escrito.

Ademais, o BNG anima a aqueles militantes que, “no caso de ser economicamente posíbel”, realizaren achegas de importe superior, pola vía da doazón. “Somos conscientes de que estamos a vivir momentos moi duros, que tamén nos afectan economicamente a nivel individual. Con todo, tamén son estes momentos nos que cómpre reaxir, e nos que se demanda determinación e compromiso militante. De certo que coa túa participación activa conquistaremos os nosos obxectivos políticos. É o que o noso pobo espera de nós”, engade.

A Executiva nacionalista suliña que, para esta campaña, non se subscribirá ningún crédito con entidade bancaria ou financeira, “nin  recursos procedentes de bancos, nin de lobbies, nin de corporacións económicas”. E aclaran, “tampouco de partidos ou de organizacións de fóra de Galiza”, en relación a formacións que participan da outra gran candidatura da esquerda galega, En Marea, na que participa Esquerda Unida e Podemos

Manifestación do BNG en Santiago de Compostela pola soberanía e contra as políticas do PP
Manifestación do BNG en Santiago de Compostela pola soberanía e contra as políticas do PP | Fonte: BNG

Ademais, o BNG destaca que non se enviará correo masivo (“mailing”) ao electorado. “Este elemento será substituído por un intenso traballo de rúa. Ademais, razóns de aforro económico público, de respecto ambiental e de limpeza democrática fundamentan a nosa aposta por esta vía”, aclara.

Por iso, insiste en que a campaña electoral estará fundamentada no traballo militante. “As limitacións económicas e as restricións en soportes publicitarios van poder ser superadas só polo activismo, a entrega e o esforzo militante, a organización e a vontade de innovación e imaxinación”, precisa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

10 nostrus

Ou sexa que ao BNG xa non lle fian e como non lle fian ocurriuselle a idea de pasarlle o cepillo aos seus fieis. Si ao BNG non lle fian é porque o NG non é de fiar e o que preste os dez euros non creo que faga boa inversion.

9 John McNamara

Que mellor que unha organización pague os seus gastos coa propia aportación da militancia. Unha maneira de non protistuirse. Por certo, por que GC non investiga de onde van saír os cartos do PSOE, PP e de Podemos-Marea?

8 Galicia Confidencial

É curioso que xusto cando sae o novo GC haxa xente que se adique a emporcar. Detectamos unha mesmo IP comentando en varias novas criticando ao GC por borrar uns comentarios que non eran tal, senón puros insultos a este medio. Coma sempre hai quen non encaixa ben a liberdade de expresión. Curiosamente, hai unha mesma persoa que utiliza tres nicks desde a mesma IP83.165.109.228: Raquel, Pastor e Sv4R. Outro utiliza o mesmo IP para criticar noutros dous. Pedimos desculpas ao resto dos lectores por ter que aturar trolls que o único que buscan é criticar a toda costa a este medio utilizando para elo os insultos e a calumnia. Mágoa que sexan os mesmos de sempre.

1 Gamela

Alégrame saber que os trolls están sendo "identificados" e mantidos á raia, pero xa que se pode facer ese "control" tamén poderíades ABRIR un chisco máis os comentarios no GC (especialmente agora que andamos de eleccións!) Digamos que sería bo brindar un chisco máis de Servizo Público ! Obrigado.

2 KKdluxe

O millor é bloquear esas IPs no Apache e que vaian ler outros dixitais...

7 Comunista

Vaia habilidade para facer pasar unha necesidade por virtude! Agora que están enpufados por todos os lados, queren tomarnos o pelo co discurso autoxestionario e anti-bancos cando a realidade é que xa non lles dan máis créditos e non lles queda outra que atracar á súa sufrida militancia para que os coroneis continúen a vivir do conto.

1 Simpas rupturistas

TRanquilo comunista de los peines que seguro que Beiras devolve os cartos das viaxes que lle pagou a fundacion. Como conseguiron os vosos aliados de IU que lles condonaran os pufos banarios danos ideas

6 Gamela

Cantos millóns DEBE o BNG á banca ?

1 Simpas rupturistas

Deben de sabelo os que marcharon pero os esta devolvendo todiños que ao bng non lle perdonan pufos como a IU