Temas: CINEMA

“Vivir en Galicia é vivir no paraíso, por iso conto historias de aquí”

Se fose chinés, Ignacio Vilar di que contaría historias da China; pero é galego militante. Por iso o director de A Esmorga -existo filme cuxo DVD anda a promocionar estes días- defende a súa aposta por tramas galegas. Nesta entrevista defende unha política de cotas para as películas de países como o noso e adianta aspectos do seu novo filme, Sicixia, que chegará as pantallas en 2016.

Por Manuel Vilas | Ourene | 20/11/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Xosé Ignacio Vilar Díaz (Petín 1951) estudou cinema en Barcelona pero en 1989 volveu a Galicia para montar a produtora Vía Láctea, da que naceron multitude de filmes, series e documentais.  Polisóns (1999) , Ilegal (2002), Un bosque de música (2003), Sempre Xonxa en Petín (2005), Pradolongo (2008), Vilamor (2012) e A esmorga (2014) son as películas que dirixu até o de agora. Abordámolo en Ourense, á saída dunha rolda de presentación do DVD da adaptación da novela de Eduardo Blanco Amor.
  
Por que se decidiu Vía Láctea a realizar un investimento, supoño que importante, en producir e promocionar un DVD para A Esmorga?
Efectivamente, é unha inversión grande. Diría que é a primeira vez que se fai unha campaña tan grande para promocionar un DVD no cinema en galego, temos moitas cidades empapeladas con promoción de A Esmorga.

E por que se arriscaron a enfrontar este investimento?
O motivo é que é unha película que tivo éxito, conseguimos aguantar semanas e semanas nos cines, sesión e sesións. Foi un verdadeiro acontecemento. Por exemplo, a primeira fin de semana, fomos a segunda película máis vista en España en función do número de copias. Ti collías as listas que se elaboran a diario das películas que meten máis xente na sala en proporción as copias proxectas, listas nas que case sempre están grandes produccións norteamericanas, e en segundo posto estaba A esmorga, unha película rodada en galego. Isto, o apoio dos espectadores, abriunos a porta a poder distribuíla no resto do Estado.

A película vírona en salas 37.500 espectadores galegos, malia contar con só 18 copias. Haberá distribución fóra de España?
Xa estamos pensando no mercado internacional. Estivemos en Madrid nunha reunión con axentes de mercados internacionais, e o noso axente está a negociar. Cando se estrou, houbo cines nos que tivo máis espectadores que Exodus ou a segunda parte de Os xogos da fame. Cando tes un éxito así, o lanzamento do DVD hai que facelo, si ou si.

O éxito popular de cintas como Pradolongo ou A Esmorga demostra que hai sitio para a distribución comercial dos filmes en galego?
Os produtores do sector sempre me preguntan porque fago cine en galego se non vai a ningún sitio, A Esmorga demostrou que o cine en galego enche as súas salas igual que sucede en calquera cinematografía no mundo.

Até que punto axuda a distribuír unha película que sexa unha adaptación dunha obra tan coñecida como a Esmorga?
En Galicia moito, moitísimo, é un clásico. Apostei por esta obra porque a min me gusta mostrar os lugares referenciais da nosa cultura. Pero ollo, a Emosrga é tamén unha historia das grandes da literatura universal. Cando a proxectamos en Madrid ou en Barcelona conectou co público, en Tolouse xuntou 400 espectadores ...

No Festival de Tolouse por certo lograron varios premios por certo ...
Si, mellor dirección, mellor interpretación compartido entre os tres protagonistas do fime e mellor dilección de fotografía. E o xurado era todo de grandes profesionais do cine francés.

Existe algún outro título da literatura galega actual que lle gustaría adaptar?
Hai moitos, pero neste intre estou con outros proxectos, baseado nun guión persoal. Pero o que está facendo AGADIC, promocionando no Culturgal para que as editoriais poñan novelas a disposición do cine paréceme moi boa iniciativa.

Debería haber nos cinemas galegos, como sucede noutros lugares, unha cota para os filmes en galego? Cre neste tipo e política?
Claro que creo na política de cotas! Unha das claves do éxito do cine coreano é en Corea esixen que o 50% das salas emitan cine coreano. Dende aí construíron, e agora está por todo o mundo gañando premios en festivais cunha calidade impresionante. Nós levamos anos e anos intentando que gobernos sucesivos miren a realidade dos outros paises. O cine non sirve só para vender a cultura, senón para vender paisaxes, gastronomía...  Así vendes país. Defendo que haxa unha cota de cine europeo e tamén de cine de comunidades nas que haxa de lingua como a nosa. Sucede que a industria norteamericana é moi forte e os políticos de aquí non son como os franceses.

Falaba do seu novo filme. Como está a ir a rodaxe de Sicixia?
Xa comezamos a filmar porque tiñamos que rodar na Rapa das Bestas, fixémolo durante unha semana e xa temos montando oito minutos. En inverno e primavera filmaremos na Costa da Morte.

En que se diferencia Sicixia doutros filmes previos seus?
É unha historia máis intimista. Tiña tamén ganas de aproveitar o que ofrece o cine dixital. Salvo A Esmorga, rodei sempre en 35 mm., pero agora co de dixital, que ten xa calidade máxima e moitas outras vantaxes, quero sacarlle rendemento. Permíteche  facer películas máis frescas cun equipo máis reducido. As veces cando estás rodando canda un equipo con 70 persoas non podes improvisar.

Arríscase a dar unha data para o estreo de Sicixia?
Si, o 21 de novembro de 2016.

E tanta precisión?
Por que é unha data moi interesante. Colles a Ponte da Constitución e logo podes chegar até o Nadal. Iso foi o que pasou coa Esmorga, malia que  no Nadal é cando as superproducións queren acaparar as salas, A Esmorga aguantou até incluso despois as festas. 

Todos os seus filmes están ambientados no país. Non lle gustaría rodar fóra?
Se fose chino faría historias chinas, pero son galego e as historias que quero contar son de aquí.

E logo?
De neno tiven a sorte de a casa dos meus avós, en Castrofolla no Concello de Petín de Valdeorras, tivese unha lareira. Aló viñan os veciños a contar historias, eran grandes contadores de contos desa tradición de miles de anos. Sempre digo que grazas a esas historias descubrín o cine, que é a nosa lareira de hoxe para contar historias. Ademais, vivín dez anos en Barcelona, e teño claro que vivir en Galicia é vivir no paraíso. Non concibo pasar seis meses fóra, quince días ou un mes como máximo.

Ignacio Vilar
Ignacio Vilar | Fonte: Bene Riobó wikipedia

Imaxe promocional do filme Vilamor
Imaxe promocional do filme Vilamor
A Esmorga,  película que contou coa participación da Televisión de Galicia.
A Esmorga, película que contou coa participación da Televisión de Galicia.
Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 luis

En el año 1977 se hizo una buena versión del excepcional relato de Blanco Amor, con guión de este mismo y de Gonzalo Suarez, que la dirigió. Los interpretes fueron José Luis Gómez, José Sacristán, Antonio Ferrándiz, que hizo un gran papel, Charo López, etc. En castellano se llamó "La Parranda". No sé porqué no se cita. Blanco Amor era un fuera de serie, y sin duda la película ganará al hacerse en gallego. No me la perderé.

2 Arme

Tes que perdoar. Non quixen ofender e menos tí. Pero é que depois do de facer unha candidatura conxunta que non poido ser, perdinlhe o respeto a moitos dos habitantes do país. Estou moi decepcionado. E con ver os wasap que me envían todo tipo de persoas, decátaste que o infantilismo chegou a todas as franxas de idade. Case sen excepcións. A moitísima xente deste país non hai por onde colhela. Caralho de país, caralho de xente!

1 Arme

Contaban contos na lareira. Eu tamén fun deles. Cantas veces teremos cagado no palheiro e nos teremos limpado con fentos. Tempos aqueles, ai, en fin. Moi boa a película. Como asociar o celta ó latino das cidades. Nesas andamos aínda agora. A ver quen ten a pirola máis grande.