Condenado a de cinco anos por abusar da filla menor da súa parella

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2024 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña na que condenou a cinco anos e un mes de cárcere a un acusado de abusar sexualmente da filla menor de idade da súa parella entre 2015 e 2019, cando a vítima tiña oito anos.

Segundo informa o alto tribunal galego, ratificou, ademais, a imposición dunha indemnización de 10.000 euros e a prohibición de aproximarse ou comunicarse coa vítima durante nove anos. Os maxistrados, apunta, consideran probado que o acusado, "en numerosas ocasións e sen que se poida concretar o seu número exacto", aproveitaba os momentos a soas coa filla da súa parella no domicilio no que convivían para realizarlle tocamentos en contra da súa vontade.

O tribunal asegura que o testemuño da vítima é "sincero, crible, consistente e persistente", así como que das declaracións realizadas por parentes próximos "extráese a existencia da ocasión para cometer os feitos". Na resolución fan referencia tamén aos cambios no comportamento da menor, os cales afirman que corroboran o seu testifical, e aos informes periciais sobre o estado da vítima.

Xuízo por abusos sexuais celebrado na Sección Quinta da Audiencia de Pontevedra
Xuízo por abusos sexuais celebrado na Sección Quinta da Audiencia de Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta