Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2024 | Actualizada ás 21:25
Unha gabarra cun escenario desplegable incendiouse este xoves no municipio pontevedrés das Neves. Segundo informou o 112, os equipos de emerxencias confirman que o incendio está controlado, pero continúan traballando no punto pola cantidade de material altamente combustible.
De momento, o 112 Galicia non ten constancia de ningunha persoa ferida. O serviico tivo constancia do suceso ao redor das 18,20 horas, cando varios particulares deron a voz de alarma.
Segundo explicaron, a gabarra atopábase no exterior dunha nave, precisamente dunha empresa que se encarga da confección e mantemento de palcos para orquestras. Esta nave está situada na Pedreira, na parroquia de Taboexa, no concello pontevedrés das Neves. Alí acudiron os Bombeiros de Baixo Miño, así como os membros do GES-Bombeiros de Ponteareas e os efectivos do GES de Mos.
Desde o primeiro momento, o incendio alcanzou tal intensidade os bombeiros pediron reforzos. Ademais dos medios e recursos de extinción, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.