UGT denuncia irregularidades na oferta de emprego do 061

A Federación galega de Servizos Públicos (FSP-UGT) denuncia irregularidades na oferta pública de emprego do Sergas para médicos asistenciais do 061, xa que se convocaron prazas que non saíron previamente a concurso de traslados, incumprindo así os acordos coas organizacións sindicais. Estes establecían que non se convocaría ningunha praza a oposición que previamente non saíse a concurso.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/11/2015 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

UGT denuncia que, "tras infrutuosos intentos de corrixir esta situación, o Sergas prefire volver ás vellas prácticas de sacar as prazas á carta, cunha falta de transparencia total, demostrando un desprezo absoluto polos dereitos das persoas traballadoras á mobilidade e conciliación da vida familiar e laboral".

Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061
Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061

As irregularidades na xestión de persoal do 061 non terminan aí, di a central. UGT denuncia que desde o ano 2010 mantéñense na base de Foz 6 nomeamentos eventuais de médicos e 6 de persoal de enfermería, en prazas que non se crearon con carácter estrutural, polo que legalmente non existen. É por iso que o persoal carece de todo tipo de dereitos á estabilidade, mobilidade e conciliación.

Por todo isto, o Sindicato esixe que se convoque un concurso interno de traslados para as prazas de A Coruña e Mos, que saen a oposición, e que se cren as prazas da base de Foz. Despois de cinco anos de funcionamento, o Sergas non pode manter por máis tempo esta situación irregular de contratación eventual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta