En Marea e Ciudadanos entrarían por Galicia, Nós quedaría fóra

A estimación do reparto de escanos que fai o CIS para Galicia depara grandes sorpresas. Importante irrupción das mareas, entra Ciudadanos e saída das Cortes dos representantes do BNG, fronte integrado na coalición Nós Candidatura Galega. Feijóo di que o PP gaña por "maioría absoluta".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 03/12/2015 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O Partido Popular gañaría as eleccións con 14 deputados (3 na Coruña, 3 en Pontevedra, 2 en Lugo e 2 en A Coruña). 

Presentación dos candidatos de En Marea
Presentación dos candidatos de En Marea | Fonte: @amesnovo

O PSOE ou En Marea estarían en segundo lugar. Os socialistas sacarían 5 ou 6 escanos (2 na Coruña, 1 ou 2 en Pontevedra, 1 en Lugo e 1 en Ourense).

Tamén 5 ou 6 para En Marea, que suma a ANOVA, EU, Podemos e varias mareas municipais. Esta forza irrumpe con 2 na Coruña, 1 en Pontevedra, 1 en Lugo, 1 en Ourense e disputa ao PSOE o segundo en Pontevedra. 

Outra sorpresa é a irrupción de Ciudadanos. O CIS dálle un escano pola Coruña e outro por Pontevedra.

Nas notas introdutorias do barómetro, o CIS di no estudio que o traballo de campo non se fixo a tempo para ter en conta a Nós-Candidatura Galega.Con todo, o instituto público preguntou polo seu "compoñente maioritario", o BNG. O Bloque suma o 0,1% en intención de voto estatal, quedándose fóra das Cortes, onde agora ten dous representantes. 

Resultados da enquisa do CIS para as eleccións do 20D.
Resultados da enquisa do CIS para as eleccións do 20D.

A nivel estatal, Mariano Rajoy gañaría as eleccións e obtería entre 120-128 escanos. O PP lonxe da maioría absoluta, estaría capacitado para gobernar en solitario con apoios.

Como segunda forza mantense o PSOE, que caería por baixo dos 90 escanos. Ciudadanos lograría entre 63 e 66 deputados mentres que Podemos, xunto ás coalicións nas que participa nas comunidades autónomas, alcanzaría entre 45 e 57 escanos.

O CIS é historicamente a máis acertada das enquisas preleecotorais.

Reaccións

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse este xoves aos datos do CIS e suliñou que, a pesar da gran baixada que experimenta o seu partido, o PP é o “gran gañador” das eleccións xerais en Galicia. “Imos repetir unha nova vitoria electoral”, indicou.

Así, dixo que os datos do CIS apuntan a que o PSOE “tamén baixa” e que o BNG “desaparece”. “E de todo iso se benefician as mareas e Ciudadanos que conseguirían escano”, apuntou. Con todo, Feijóo quixo quedar co dato positivo de que o seu partido terá a “maioría dos votos” para contribuír a unha vitoria electoral do PP no Estado.

“Seguimos como forza maioritaria e segundo o CIS gañamos as eleccións. Por iso hai que estar motivado para acadar a maioría absoluta”, indicou.

Ana Pastor, ministra de Fomento e número 1 pola Coruña
Ana Pastor, ministra de Fomento e número 1 pola Coruña
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

5 Mareante

E a seguinte hostia berenjena vae ser perder o grupo parlamentar en Galicia e quedar á altura da tola de Ourense e de Concha a de Povisa. Quen sembra bautistas, recolle lobeiras.

1 José

Pode ser. O BNG pode entrar nunha espécie de tunel do tempo, terá que atravesar o seu deserto. Perguntome qué será de vós, mareantes, cando falte Beiras e cando vos estoupen no fociño as contradicións con Podemos. A vosa sí que será unha desintegración sideral

2 fuco

Xa xa, o caso é que no deserto non hai auga, que será do BNG sen os postos pra repartir entre os acolitos. O acontecido na Deputacion de Lugo xa é indicativo, o españolismo do PSOE contratando militancia do BNG para que as clases populares fiquen tranquilas. Se fose noutra epoca, diria que ia aguantar, hoxe teño dúbidas.

4 Antom

Carlos Callón & Cía que sigan facendo videos de cachuchas e bicos a Jorquera jaja....Xa o dixen fai tempo o batacazo de Nós-UPG vai ser bo, e con razon, viven noutro mundo, no de yupi. Non valen para nada.

1 alecrin

Pois a min preocúpame máis que entre Ciudadanos.

3 Escéptico

No soy simpatizante de Nós ni del nacionalismo, pero esta encuesta no es más que cocina creativa. Cualquier parecido con la realidad del 20D será pura coincidencia.

1 Ascético

Ou consecuencia desta (e outras enquisas). Cantos cambiarian o seu voto por medo a perdelo? A fin de contas a función destas enquisas non é informar senon inducir a muda do voto.

2 Cansado

Uffff!! Candocia está na Marea? Este que é, o terceiro partido onde milita? Ánimo Pilar! o que a segue a consegue! A ver se desta consegues un bó retiro como deputada que despois de tanto ir e vir parece que é o que buscas. E Fernán-Vello tamén está? Aburriuse de escribir poesía e quere gañar a vida de ministro? de que? de cultura? Xesús! E agora a quen lle voto eu?

1 Balbino

Á cachola.

1 XanKaraLlás

Eu xa teño dito que o BNG está en caída libre. Vai de mal en peor, por que? Pois polo seu pu to sectarismo.