Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/08/2024 | Actualizada ás 14:03
Valdeorras e a conca do Miño en Ourense estarán este xoves en alerta amarela ao esperarse temperaturas que poden superar os 36ºC.
Segundo Meteogalicia, o aviso, debido á entrada dunha masa de aire cálido, comezará ás 15.00 horas e estenderase ata as 21.00 horas da mesma xornada.
Pola súa banda, a Xunta alertou de que este episodio de calor na comarca de Valdeorras afectará principalmente este xoves e está prevista unha duración de tres días.
Desta forma, a zona de alerta amarrilla pola onda de calor será a zona de Valdeorras, que engloba aos concellos do Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
Galicia manterase na influencia das altas presións, con ventos de nordeste. Por iso, haberá nubes baixas durante a mañá que irán desaparecendo e deixarán ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, salvo no norte das provincias da Coruña e Lugo.
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento será moderado do nordeste no litoral atlántico e frouxos no resto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.