Manuel Martínez, o deputado que pode declinar a balanza entre PP e PSOE

O alcalde de Becerreá é nomeado vipresidente dun importante organismo provincial co apoio de socialistas e nacionaloistas. Recorre a súa expulsión do PSdeG e di que non é un "tránsfuga" a pesar de votar en contra do seu ex partido.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 07/12/2015 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A Deputación de Lugo semella que se vai converter no organismo con máis tensións políticas nos vindeiros tres anos e medio. E todo, por un deputado expulsado do PSdeG que vota co PPdeG pero que insiste en sentirse socialista; Manuel Martínez.

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá
Manuel Martínez, alcalde de Becerreá | Fonte: youtube.com

Este luns o alcalde de Becerreá e deputado non adscrito foi nomeado vicepresidente de Suplusa, un organismo urbanístico que xestionará máis de seis millóns de euros. Un cargo ao que accede, curiosamente, cos votos a favor de PSdeG e PPdeG. Por iso, tal e como xa acontece no organismo provincial, o seu voto será crucial para dectantar as decisións que se aproben cara o PPdeG ou cara ao PSdeG.

"Eu non vou ser ser un cero á esquerda na Deputación de Lugo --coa actual distribución de forzas na corporación provincial-- porque o meu voto pode decantar a balanza". "Quero ser membro do grupo socialista e quero ser membro do Partido Socialista. Creo que non son un tránsfuga. Se hai que chegar á comisión antitransfuguismo, chegaremos e veremos quen son os tránsfugas",dixo ao reiterar que por parte do PSdeG-PSOE están a tomarse "as decisións en quente, sen pensar nas consecuencias, e estanse metendo nun berenxenal do que terán difícil saída".

E é que Martínez foi expulsado do partido polos seus pactos co PP e non acatar a disciplina de voto socialista. Unha expulsión que o propio Martínez ten xa ten recorrido e pediu que quede "sen efecto", porque o propio PSdeG cometeu unha "falta de respecto" ao non convidalo á reunión na que se adoptou esa resolución sen posibilidade de defensa.

Tamén espera que se lle conteste por parte do grupo provincial "a todos e cada un dos temas expostos", porque considera que o escrito no que se lle comunica a súa expulsión cautelar "mestura churras con merinas", porque se lle comunica a súa "expulsión do grupo", a súa "expulsión do partido" e a remisión do seu caso " á comisión antritransfuguismo".

E, mentres, este deputado xa no Grupo Mixto anuncia que terá un papel fundamental na deputación. "Eu quería estar no Suplusa e tamén naqueles órganos da Deputación nos que poida e teña dereito a estar", ameazou.

"Non quero ser un cero á esquerda na Deputación, pero non é por rancor, nin por frustración, senón porque é a política e o que sucedeu é o que me levou a ser o centro da balanza. Se estamos doce a doce no pleno, obviamente en Suplusa e naqueles órganos nos que poida estar e ser o que incline a balanza, vouno a ser", anunciou.

Un aviso a navegantes, sobre todo, ao PSdeG, partido co que agora está frustrado. Por iso, avisou que o seu nomeamento como vicepresidente do Suplusa non vai cambiar nada. "No propio grupo non hai moi bo ambiente, pero eu non vin á Deputación Provincial nin á política a facer amigos. Como lle dixen á secretaria de Organización, Pilar Cancela, e aos alcaldes da Fonsagrada -Argelio Fernández- e A Pontenova -Darío Campos-, os amigos en política o conto cos dedos", avisou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta