Xornal desata unha guerra de intereses mediáticos

A saída este martes de Xornal de Galicia ten provocado o inicio, por parte de La Voz de Galicia, dunha serie de informacións moi críticas coa Vicepresidencia da Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/12/2008 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Onte, o xornal coruñés abría cunha reportaxe crítica sobre a Lei de Dependencia e unha información sobre o concurso eólico apuntando directamente ao empresario Jacinto Rey de beneficiarse do futuro concurso eólico. E hoxe as críticas continúan cunha nova serie sobre a Lei de Dependencia e outra sobre o concurso eólico. Tampouco a Xornal de Galicia se lle escapou este detalle e onte se refería a este asunto.

E é que ao xornal de Santiago Rey non lle ten gustado nada a saída de Xornal de Galicia e acusa directamente a Anxo Quintana de estar detrás do nacemento do mesmo. Por iso, o editor de La Voz non tivo pelos na lingua ao asegurar, hai uns días, que Xornal de Galicia nacía "do mundo político, dun fondo de reptiles empresariais". Tiraba directamente a dar contra o BNG e contra Jacinto Rey; os primeiros encargados de resolver o concurso eólico e o segundo, o empresario galego impulsor deste novo proxecto e que concurre nunha sociedade a este mesmo concurso.

En todo caso, unha parte importante do BNG cuidase, e moito, de desvincularse deste novo proxecto mediático. A pesar de que nun primeiro momento se tentou o acercamento á UPG, o certo é que Xornal de Galicia nace sen o total beneplácito deste grupo político, maioritario no BNG. Por iso, a vinculación directa que La Voz fai entre este novo medio e Quintana, a quen consideran principal instigador do seu nacemento.

Hai certa inquietude, e non dende onte, no entorno de Quintana. Non entenden a reacción furibunda de La Voz. O propio Quintana mandou xa varios recados ao editor deste medio para tranquilizalo, pero sen conseguilo. A proximidade das eleccións é unha baza coa que xoga La Voz para presionar ao máximo á Quintana e a súa formación. De feito, entre o mundo xornalístico e político non se entende que o vicepresidente teña apoiado o nacemento dun novo medio xusto antes duns comicios, precisamente, pola reacción adversa que pode xenerar no resto de medios e pola percepción que ese feito pode ter entre os cidadáns.

O nacemento de Xornal de Galicia chega logo do fracaso empresarial que supuxo a nova A Nosa Terra, tamén impulsada por Jacinto Rey. Logo dun ano da súa nova etapa, a publicación que dirixe Manuel Veiga e codirixen Xan Carballa e Cesar Lorenzo, na súa parte dixital, non ten acadado ningún dos seus obxectivos. De feito, parte dos membros do Consello de Administración de A Nosa Terra (o deputado do PSOE Ceferino Díaz; o ex presidente do Parlamento galego e ex dirixente do PP, Victorino Núñez ou Javier Rey, fillo de Jacinto Rey) xa forman tamén parte do novo Consello de Administración de Xornal de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

36 Viky

O lamentable é que a Voz de Galicia teña que esperar a que aparezca o Xornal para decatarse da desfeita do BNG na Xunta. O Vileliña foi do mais complaciente co Quintana.
Estamos na cola de internet, gracias a Fernando Blanco.
Non se fai una soa vivenda nin un metro cadrado de so industrial, a pesar das faroladas da Taboas.
Gastan millons de euros da cultura en mojitos en La Habana pola iniciativa da desaparecida Bugallo.
Tivemos a maior ola de incendios da historia no vran do 2006 por mor da desastrosa planificación de Suárez Canal.
Os vellos morren sin plaza nas residencia e sin axudas para os seus familiares pola desatención de Quintana.
Eso si, con Losada de ideologo, chegaron a dicir que os cartos que se repartían eran da vicepresidencia de Anxo Quintana. Nonn podes ser mais desastrosos, mais jetas e demagogos.
Como diría Beiras: fora con eles. E a Voz de Galicia a evr si se entera a tempo e fai información plural e libre. Vilela botalle o que lle hai que botar.

35 Hunde Tantos

Imos ver, imos ver (como di Aymerich). Está claro que detrás deste Xornal está o Bloque, pero, ¿non apoia claramente o sector integrista do PP ó Mundo? ¿Non está o PSOE co País? ¿E daquela? (E que partido estará coa Voz?)
O tema para min é: ¿É un bo xornal? ¿Trata temas de calidade, impactantes, ou quédase nun do montón, sin máis? ¿Os redactores son precarios ou están ben contratados? ¿Son competentes ou están aí por estar?

É que aquí non fala ninguén de periodismo!!!

34 Madialeva

Mira que chamarlle pluralidade a que cada partido politico teña o seu xornal para que nos conten trolas. Eu estaba pensando en Beiras cando lle chamou o grupo de Paco Vazqauez, Santiago Rey, Jove (o mesmo das eólicas), o presidente de Caixa Galicia e algún mais "o cártel de Bergondo", por aquel entón Sir Paco tardou dez ou doce anos en montar unha mafia na Coruña. Estou vendo alucinada que algún pensa montar outra mafia desde a Xunta de Galicia en moito menos tempo.

33 Un

Xa non hai concellos sen PXOM, vedes o avance?

Pois está o páis cheo de concellos sen PXOM, e que non pensan telos, ah, e se os fan se a xente do pobo protestará, non porque se permita construir moito, senón porque algún PXOM prohibe construir e a xente quere construir enriba das praias etc

32 undetal

Ficción política

no 2005, o PP voltou gañar as eleccións pola mínima. Ante a inminencia da retirada de Fraga, e moi molesto polas críticas ó PP tras da guerra de Irak e o Prestige, Alberto Núñez Feijoo, sucesor de Fraga, entra en contacto cun importante constructor galego ó que oferece parte das concesións eólicas, a cambio de que funde un xornal de centro dereita de corte galeguista, que defenda as súas teses.

O elexido para dirixir ese xornal e Xosé Luis Gómez, un prestixioso periodista galego, que ten dirixido a Voz e con bos contactos con amplos sectores do PP, nun tempo biógrafo e conselleiro do director xeral de caixa Galicia, e en boas relacións co mundo do deporte a través da súa amizade con Lendoiro.

A saída do xornal e recibida con grandes críticas por parte dos siareiros do BNG que falan dunha intolerabel utilización dos fondos públicos para intereses partidistas e piden unha comisión que anule todo o proceso