O alcalde de Vimianzo, desimputado

O rexedor do BNG, Manuel Antelo, fora denunciado pola oposición por un contrato administrativo de asistencia á Alcaldía no ano 2011.

Por Galicia Confidencial | Vimianzo | 15/12/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Outro rexedor desimputado, logo de meses de estar no ollo do furacán. Trátase do alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, a quen o xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 2 de Corcubión acaba de desimputar.

Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo
Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo | Fonte: QPC

Segundo apunta o medio colaborador Que Pasa na Costa, o xuíz ditou un auto polo cal arquiva a instrución, iniciada a raíz dunha denuncia da oposición, pola que foron chamados a declarar o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, e os membros da Xunta de Goberno Local en calidade de imputados.

A oposición denunciou un contrato administrativo de asistencia á Alcaldia no ano 2011 e que o auto ven de confirmar como axustado a dereito e polo tanto sen ningún tipo de elemento ilegal. No auto indícase que un procedemento que se podería ter feito mediante un contrato menor, na realidade se realizou con máis garantías mediante un procedemento negociado totalmente axustado a dereito.

Tras a súa desimputación Antelo denunciou ao PP por “presentar denuncias falsas” e esixiu “aos responsables do Partido Popular unha rectificación das súas acusacións e unhas desculpas polo dano causado ás veciñas e veciños de Vimianzo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 balbino

Non é simplemente que sexa inocente e que ademáis fixo o contrato menor con máis garantías do que esixe a lei quizáis ese foi o problema para o PP.

1 independencia

Xa me tradan en pedir disculpas os peperos, mareantes e resto da chusma españoleirq que se adican habitualmente a difamar os militantes nacionalistas.