Por Galicia Confidencial | Lugo | 18/12/2015 | Actualizada ás 17:44
4.800 euros. Iso é o que lle impuxeron de multa aos propietarios dun terreo que decidiu plantar eucaliptos en pleno Camiño Primitivo, no Concello de Palas de Rei, tras unha denuncia da asociación ecoloxista Adega.
A Dirección Xeral de Patrimonio considerou que os responsables da citada plantación, ao cometer unha "infracción administrativa grave" por incumprimento da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, tamén están obrigados a "a reposición da legalidade" e, por tanto, á retirada da citada plantación.
Segundo apunta Adega, a parcela na que se levou a cabo esa plantación está situada dentro do "espazo delimitado de protección do Camiño Primitivo" e na que se atopan dous "elementos ligados ao patrimonio material e inmaterial asociado ao mesmo", como son os Penedos dá Casacamiño e o Penedos do Hospital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.