Rueda: "Podemos facer fronte á campaña dos lumes cos medios que temos"

Recoñece que o dispositivo é "moi amplo" pero que "non se pode baixar a garda".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/09/2024 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A Xunta segue presumindo de medios de loita contra os incendios forestais tras os grandes lumes de Entrimo e Crecente que calcinaron a pasada semana máis de 500 hectáreas, a metade delas no parque natural do Xurés e que no caso do concello pontevedrés obligou a desaloxar varias aldeas por precaución. "Podemos facer fronte á campaña dos lumes cos medios que temos", destacou o presidente galego.

Varios bombeiros tratan de apagar o lume durante o incendio forestal na parroquia de Oseira, en San Cristovo de Cea
Varios bombeiros tratan de apagar o lume durante o incendio forestal na parroquia de Oseira, en San Cristovo de Cea | Fonte: Rosa Veiga

Preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta sobre os últimos grandes lumes, Alfonso Rueda destacou os medios empregados nestes incendios e suliñou que, "aínda que non hai que baixar a garda porque a experiencia di que hai grandes lumes en outuno", o dispositivo é "moi amplo". "Conta con máis de 7.000 persoas", apuntou.

O xefe do Executivo galego recoñeceu que este verán foi bo en canto a incendios porque "tamén houbo climatoloxía bastante boa", para que non proliferaran. "En todo caso, non hai que baixar a garda, manteremos os efectivos e se hai que aumentalos, temos flexibilidade para facelo", indicou. "Pero quero pensar que cos medios que temos podemos facer fronte á campaña de incendios deste ano", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta